Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Asturias | |||
Provincia | provincia de Asturias | |||
Concello | Castrillón | |||
Poboación | ||||
Poboación | 4.359 (2020) | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | |||
Altitude | 8 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Virxe do Carme | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Código INE | 33016080000 | |||
Salinas (Salinas en asturiano[1]) é unha parroquia civil do concello de Castrillón, no Principado de Asturias (España).
É unha vila balnearia que é a segunda localidade máis poboada do concello, por detrás da súa capital, Piedrasblancas, da que dista 2 km.
A parroquia limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste cos concellos de Gozón e Avilés, ao sur co de Avilés, e ao oeste, coa parroquia civil de Laspra.
Situada a unha altitude media de 5 msnm, ocupa un territorio de 3,77 km². No ano 2009 albergaba unha poboación de 4 517 habitantes,[2] polo que a densidade de poboación nese ano era de 1 198,14 hab./km².
Dispón dunha das praias máis extensas de Asturias, con máis de 2 500 m de lonxitude, que está dividida en dúas: a praia de San Juan de Nieva, e a praia de Salinas propiamente dita. É un importante centro de lecer de verán na costa asturiana.
Salinas alberga o Museo de Áncoras "Philippe Cousteau", en cuxa contorna se encontra o monumento a Philippe Cousteau (fillo de Jacques-Yves Cousteau, e oceanógrafo e cineasta coma el), obra de Vicente Menéndez-Santarúa Prendes.
A historia se Salinas remóntase á presenza romana no próximo castro de Raíces, reconstruído na Idade Media por Afonso III, denominado entón como castelo de Gauzón.[Cómpre referencia]. A historia conta que neste castelo realizouse a Cruz da Vitoria, emblema heráldico do Principado de Asturias que hoxe se garda na Catedral de Oviedo.
En xullo de 2005 iniciáronse escavacións arqueolóxicas para a súa recuperación, pasando a albergar un museo sobre a historia local, xunto con centro de interpretación do castelo de Gauzón, localizado en Raíces Nuevo.
O desenvolvemento moderno de Salinas está estreitamente vinculado á implantación e actividade da Real Compañía Asturiana de Minas, actualmente denominada Asturiana de Zinc, así como ao Real Club Náutico de Salinas. Este último xurdiu por iniciativa de varias familias de Oviedo e Madrid que pasaban tradicionalmente as súas vacacións en Salinas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salinas, Castrillón |