Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1982 (42 anos) Inglaterra, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Eton College |
Actividade | |
Ocupación | actor , actor de teatro , actor de cinema , actor de televisión |
Período de actividade | 2004 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Pai | Felipe Fernández-Armesto |
Sebastian Armesto, nado o 3 de xuño de 1982, é un actor de cinema, televisión e teatro inglés.
Fillo do historiador Felipe Fernández-Armesto, e neto de Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía), educouse no prestixioso Eton College.
Armesto interpretou o papel de Carlos V, emperador do Sacro Imperio Romano na serie The Tudors. Protagonizou en 2008 na ITV a serie dramática The Palace, como o despreocupado irmán máis novo do rei, o príncipe George.[1] A continuación interpretou o personaxe de Edmund Sparkler na versión da BBC da novela de Charles Dickens Little Dorrit. Na película de 2011 Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides Armesto interpretou o rei español Fernando VI. Así mesmo, interpretou o poeta e dramaturgo Ben Jonson na película Anonymus de Roland Emmerich.
Sebastian Armesto actuou en destacadas producións teatrais en Gran Bretaña, incluíndo tres espectáculos no National Theatre e un no Royal Court. Tamén escribiu e dirixiu obras de teatro coa compañía Simple 8. As súas producións inclén a dirección e adaptación de Les Enfants du Paradis con grande éxito.[2] Máis recentemente, coescribiu e dirixiu unha peza de teatro baseada na obra de William Hogarth The Four Stages of Cruelty,[3] e novas versións de O Gabinete do Dr. Caligari e Moby Dick.