Shen Congwen

Modelo:BiografíaShen Congwen

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh) 沈从文 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1902 Editar o valor en Wikidata
Fenghuang County (Dinastía Qing) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de maio de 1988 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Pequín, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Beijing Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1926 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Beijing Editar o valor en Wikidata
MovementoEscola de Beijing Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeZhang Zhaohe (1933–1988) Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5009701 WikiTree: 沈-2

Shen Congwen (chinés tradicional: 沈從文; chinés simplificado: 沈从文; pinyin: Shěn Cóngwén; Wade-Giles: Shen3 Ts'ung2-wen2), pseudónimo de Shen Yuehuan, nado en Fenghuang (Hunan) o 28 de decembro de 1902 e finado en Beijing o 10 de maio de 1988, foi un novelista do século XX, considerado un dos grandes escritores modernos da China. A diferenza doutros literatos da súa época, destacou por introducir elementos da cultura e da identidade rexionais. Na súa linguaxe, combinou o estilo vernáculo coas técnicas de escritura do chinés clásico. A súa obra máis coñecida é Biancheng 邊城 ("A cidade fronteiriza", 1934), que narra a historia de amor da neta dun vello barqueiro.[1]

Foi considerado para o premio Nobel de Literatura de 1988, mais faleceu antes de poder recibilo.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Shen Yuehuan naceu o 28 de decembro de 1902 na vila de Fenghuang (entón coñecida como Zhen'gan), no oeste da provincia de Hunan. Cara ao final da súa adolescencia, decidiu tomar o nome de Shen Congwen. Foi o cuarto dos nove fillos de Shen Zongsi, das etnias han e miao, e Huang Suying, do pobo tujia.[3] O seu avó paterno, Shen Hongfu, foi un heroe local e xeneral condecorado, nomeado comandante en xefe da provincia de Guizhou aos 25 anos de idade. Grazas á fama e fortuna do avó, Shen Congwen viviu nunha situación acomodada. Tras a fundación da República da China en 1912, o seu pai tentou ser elixido membro da asemblea provincial; porén, tivo que fuxir a Mongolia Interior tras o intento de asasinato do presidente Yuan Shikai (1859-1916). Shen Congwen mantivo en segredo a etnia dos seus pais até a década de 1980.[4]

Debido á ausencia do pai, a familia comezou a ter problemas económicos. A meirande parte das súas terras foron vendidas e, en 1917, tras graduarse da escola primaria, o escritor tivo que abandonar o fogar.[5] Uniuse á milicia local como reservista, para logo integrarse no rexemento de Yuanling (naquela época, Chenzhou),[6] onde traballou como oficinista.[7][8]

Educación

[editar | editar a fonte]

Moitos escritores chineses da época tiñan unha educación esmerada, e algúns deles chegaron a estudar no estranxeiro, a miúdo no Xapón. Pola contra, Shen Congwen recibiu unha educación formal modesta.[9] Durante a súa infancia, tivo un titor particular na súa casa e despois ingresou nunha escola familiar privada. Porén, foi unha educación anticuada no estilo erudito clásico, que Shen adoito criticou como inútil e pouco interesante. En 1915, principiou a primaria na escola de Fenghuang, de onde se graduou en 1917.[10]

De neno, non lle gustaba a escola. Na súa autobiografía, afirmou que acostumaba a faltar a clase. Segundo Shen, esta experiencia conformou a base da súa posterior vida emocional e profesional:[11]

Tras aprender a usar os meus propios ollos para captalo todo neste mundo, para vivir no medio de toda a vida, achei na escola un aburrimento indescritible
Shen Congwen

Esta visión da educación persoal é basilar na imaxe de Shen Congwen. Mo Yan, no seu discurso de aceptación do premio Nobel de Literatura de 2012, comparouse con Shen: "Deixei a escola cando era cativo, pasei moita fame, estaba sempre só, e carecía de libros para ler. Mais por estas razóns, como Shen Congwen, comecei dende novo a ler no gran libro da vida".[12]

En 1923, logo de cinco anos de servizo na milicia de Hunan, Shen mudouse a Beijing para realizar os estudos superiores. Porén, tras suspender os exames de acceso, decidiu estudar pola súa conta mentres asistía como oínte a clase na Universidade de Beijing.[13]

En 1949, apareceron no campus da universidade grandes pósteres que o criticaban por non apoiar a causa comunista. Sufrindo unha grave depresión e o ostracismo social, intentou suicidarse cortando as veas e a gorxa cunha folla de afeitar.[8]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]