Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1887 Telluride, Colorado |
Morte | 12 de febreiro de 1951 Washington, DC |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | Universidade de Colorado |
Actividade | |
Ocupación | entomólogo |
Empregador | Departamento de Agricultura dos Estados Unidos |
Sievert Allen Rohwer, nado o 22 de decembro de 1887 en Telluride, Colorado, e finado o 12 de febreiro de 1951 en Washington, DC, foi un entomólogo estadounidense especializado nos himenópteros.
Sievert Allen Rohwer graduouse na Universidade de Colorado. Desde 1909 traballou como coordinador de actividades da Administración de Investigacións Agrícolas no Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA), posto que desempeñou até a súa morte.[1][2]
Rohwer escibiu, entre outros artigos, Technical papers on miscellaneous forest insects. II. The genotypes of the sawflies or woodwasps, or the superfamily Tenthredinoidea. Technical series US Department of Agriculture, Bureau of Entomology, Washington, DC 20: 69–109 (1911), e moitos artigos nos que describiu novas especies de himenópteros, como, por exemplo, Syntexis libocedrii.[3]
A súa colección de insectos está na Smithsonian Institution, en Washington DC.
A abreviatura Rohwer emprégase para recoñecer a Sievert Allen Rohwer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sievert Allen Rohwer |