Skyline | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Skyline |
Director | Colin Strause Greg Strause |
Produtor | Colin Strause Greg Strause Kristian Andresen Liam O'Donnell Brett Ratner |
Guión | Joshua Cordes Liam O'Donnell |
Intérpretes | Eric Balfour Scottie Thompson Brittany Daniel Crystal Reed Neil Hopkins David Zayas Donald Faison Robin Gammell Tanya Newbould J. Paul Boehmer |
Música | Brian Tyler |
Fotografía | Michael Watson |
Montaxe | Nicholas Wayman-Harris |
Estudio | Rogue Hydraulx |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 2010 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $10 - 20 000 000[1] |
Recadación | $78 693 371 |
Filme seguinte | Beyond Skyline |
Na rede | |
http://www.iamrogue.com/skyline | |
Skyline é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Colin Strause e Greg Strause que se estreou en 2010. Foi coproducido e escrito por Liam O'Donnell.[2] Está protagonizado por Eric Balfour, Scottie Thompson, Brittany Daniel, Crystal Reed, David Zayas e Donald Faison, no papel dun grupo de residentes da cidade dos Ánxeles que son testemuñas dunha invasión alieníxena.[3] O filme estreouse o 12 de novembro de 2010 nos cinemas dos Estados Unidos. Malia as valoracións negativas da crítica, Skyline foi un éxito de recadación, conseguindo 68 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 10–20 millóns.
Skyline tivo dúas secuelas, Beyond Skyline (2017)[4] e Skylines (2020). Ámbolos dous filmes foron escritos e dirixidos por O'Donnell, e producidos por O'Donnell, os irmáns Strause e Matthew E. Chausse.
Despois dunha noite de troula, un grupo de amigos esperta no medio da noite debido a unha luz misteriosa que sae da xanela. A luz debuxa lixeiramente a imaxe de persoas que logo desaparecen. Así descubrirán que unha forza doutro mundo está engulindo a toda a poboación da Terra. Este grupo de superviventes deberá loitar pola súa vida mentres o mundo enteiro esvaécese ó seu redor.