Small Planet Airlines

Small Planet Airlines
IATA
S5
OACI
LLC
Indicativo
SMALL PLANET
Fundación2007 (como FlyLAL Charters)
Inicio das operacións2008
SubsidiariasSmall Planet Airlines (Alemaña)
Small Planet Airlines (Polonia)
Frota9
HoldingSmall Planet Group
Páxina web: http://smallplanet.aero/

Small Planet Airlines é unha aeroliña de vacacións baseada no aeroporto de Vilnius. A compañía ten ademais bases por toda Europa. É subsidiaria de Small Planet Group, que tamén é dona doutras aeroliñas irmás.

A aeroliña fundouse como FlyLAL Charters o 14 de marzo de 2007. En outubro de 2008 recibiu a súa licenza para operar e comezou a realizar voos de pasaxeiros. No ano 2009 fundouse a súa subsidiaria flyLAL Charter Eesti co obxectivo de proporcionar operacións chárter dende e cara Estonia. En decembro do mesmo ano creouse outra compañía, flyLAL Charters PL, para poñer en funcionamento voos dende varios aeroportos en Polonia.

En 2010 autorizaron a FlyLAL Charters a realizar voos regulares cara Grecia, España, Italia e outros países. No mes de xullo a aeroliña foi rebautizada como Small Planet Airlines. Durante os anos 2009 e 2010 FlyLAL Charters transportou uns 400 000 pasaxeiros; en 2012 Small Planet Airlines aumentara esa cantidade ata os 700 000.

En abril de 2013 Small Planet Airlines anunciou a compra do 99,5% das accións de Small Planet Airlines UAB (Lituania) e Small Planet Airlines Sp. z o. o. (Polonia) que tiña Avia Solutions Group. Tras a transacción Small Planet Airlines era propiedade de Vytautas Kaikaris e Andrius Staniulis, os direcctores da compañía.[1] En 2014 creouse a compañía nai Small Planet Group para facerse con Small Planet Airlines de Lituania e Polonia. Small Planet Group UAB ten o 100% das accións de Small Planet Airlines UAB e o 90% de Small Planet Airlines Sp. z o. o.[2] A compañía nai controla o 100% de UAB Small Planet Airlines, o 100% de Small Planet Airlines Sp. z o. o., o 80% of Small Planet Airlines GmbH (Alemaña) e o 49% de Small Planet Airlines (Tailandia).

En decembro de 2014 Small Planet Airlines fundou unha aeroliñaen Tailandia coa intención de asegurar un certificado de operador local e comezar a realizar voos internacionais dende Tailandia a China e Corea do Sur. En 2015 a compañía entrou no mercado alemán coa incorporación de Small Planet Airlines GmbH.

En setembro de 2015 a compañía anunciou que durante os seguintes cinco invernos varios avións, e tripulacións de voo, serían transferidos ao sueste asiático para operar dende Siem Reap, en Camboxa, cara China, Corea do Sur e Vietnam no nome da compañía camboxana SKYANGKOR.[3]

Durante a tempada de inverno de 2016 varios avións e tripulacións estiveron baseados na India e Arabia Saudita operando no nome de aeroliñas locais. Na India voaron para GoAir e en Arabia Saudita para Flynas.[4]

En setembro de 2017 a frota de Small Planet Airlines está formada polos seguintes avións:[5]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 9 180
Total 9

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Air Transport World (ed.). "Management acquires Small Planet Airlines". Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  2. JCtrans.net (ed.). "Small Planet prepares for its next stage by organising itself as a Group". Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  3. Small Planet (ed.). "Small Planet Airlines and Sky Angkor to cooperate in Cambodia". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  4. Aviator (ed.). "Small Planet Airlines strengthens its presence in Asia". Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  5. Planespotters (ed.). "Frota de Small Planet Airlines". Consultado o 10 de novembro de 2017.