Peña Deportiva | |||
---|---|---|---|
Nome | Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva | ||
Alcume(s) | Peña | ||
Fundación | 1935 | ||
Estadio | Camp Municipal, Santa Eulària des Riu, Eivissa, España | ||
Capacidade | 1.500 | ||
Presidente | Razvan | ||
Adestrador | Dani Mori | ||
Liga | 3ª División | ||
2017–18 | 19º (2ª División B) | ||
Na rede | |||
http://www.penyadeportiva.net/ | |||
| |||
A Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva, máis coñecida como Peña Deportiva (en catalán: Penya Esportiva), é un club de fútbol español de Santa Eulària des Riu, na illa de Eivissa. Actualmente xoga na Terceira División Española.
O equipo nace o 31 de marzo de 1935, e vai ascendendo categorías ata chegar ao grupo balear da Terceira División na tempada 1985-86. Da man de Antonio Arabi Serra, ex xogador do RCD Espanyol de Barcelona, o equipo disputa a súa primeira tempada en Segunda División B no curso deportivo 1993/94. O conxunto conseguiu o ascenso grazas ao descenso por falta de pagamento aos xogadores da SD Ibiza na campaña 1992-93. Con todo, na seguinte tempada non consegue a permanencia e volta a Terceira.
En 2000, 2004, 2005 e 2006 xogou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B. Na tempada 2007/08, o Peña Deportiva supera as dúas eliminatorias contra UD Mutilvera e CD Don Benito e volta á categoría de bronce. Igual que na tempada do seu debut, o equipo non consegue manterse na categoría.
En 2010, 2013, 2014, 2015, 2016 e 2017 xogou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B. Non obstante, o descenso do Mallorca B de Segunda B a Terceira arrastrado polo descenso do Mallorca a Segunda B deixou unha praza vacante na categoría, que foi ocupada polo Peña Deportiva.[1] O seu paso pola categoría, igual que os dous anteriores, saldouse co descenso.