Stay (filme de 2005)

Stay
Ficha técnica
Título orixinalStay
DirectorMarc Forster
ProdutorArnon Milchan
GuiónDavid Benioff
IntérpretesEwan McGregor
Naomi Watts
Ryan Gosling
MúsicaAsche & Spencer
FotografíaRoberto Schaefer
MontaxeMatt Chessé
EstudioRegency Enterprises
New Regency
Distribuidora20th Century Fox
Estrea24 de setembro de 2005
Duración99 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense psicolóxico
Orzamento50 millóns de dólares
Recadación8,48 millóns de dólares[1]
Na rede
http://www.staythemovie.com/
IMDB: tt0371257 Filmaffinity: 854156 Allocine: 52495 Rottentomatoes: m/stay Mojo: stay Allmovie: v296118 Metacritic: movie/stay TV.com: movies/stay Netlix: 70038941 Editar o valor en Wikidata

Stay é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Marc Forster e escrito por David Benioff. Está protagonizado por Ewan McGregor, Naomi Watts, Ryan Gosling e Bob Hoskins, cunha produción de Regency e distrubución de 20th Century Fox. O filme representa intensas relacións centradas na realidade, o amor, a morte, o suicidio e o Alén.

Henry (Ryan Gosling) é un mozo atípico, que lle di ao seu psiquiatra, Sam Foster (Ewan McGregor), que se vai suicidar. O psiquiatra, desesperado, tenta impedir que o faga, atopándose cada vez máis atrapado na vida de Henry, e máis tarde no labirinto do seu subconsciente. Ao principio, simplemente tensa e altera a relación de Sam coa súa noiva Lila (Naomi Watts), unha pintora e antiga paciente, pero axiña a comprensión firmemente arraigada de Sam do mundo racional comeza a esvaecerse. Sometido a encontros cada vez máis surrealistas e a unha cidade que se transforma nunha paisaxe tremendamente cambiante, Sam xa non pode distinguir o que é realidade do que só pasa na súa cabeza, nin onde comeza e onde remata Henry.

Personaxes

[editar | editar a fonte]