Strays | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Jane's Addiction | ||||
Publicado | 22 de xullo de 2003 | |||
Gravación | 2002 - 2003 | |||
Estudio(s) | Henson Recording Studios | |||
Duración | 48:22 | |||
Xénero(s) | roc alternativo, metal alternativo, nu metal | |||
Selo(s) | Capitol Records | |||
Produtor | Bob Ezrin e Brian Virtue | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Strays é o cuarto álbum da banda estadounidense de rock alternativo Jane's Addiction, publicado o 22 de xullo de 2003 a través do selo Capitol Records. Editado 13 nos despois do Ritual de lo Habitual (1990), o disco marca o espazo de tempo máis longo entre álbums do grupo, aínda que gravou e lanzou un feixe de novas cancións 6 anos antes no recompilatorio Kettle Whistle (1997). Strays é o primeiro traballo do grupo en contar co baixista Chris Chaney. En canto á decisión de gravar un novo álbum de estudio despois de tanto tempo en hiato, o batería Stephen Perkins afirmou que a banda xa realizara dúas xiras de reunión interpretando material vello e que estaban listos para "un novo desafío".
Temas por Farrell/Navarro/Perkins/Ezrin/Chaney agás onde se indique.