Sviatoslav Shevchuk

Modelo:BiografíaSviatoslav Shevchuk

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(uk) Святослав Юрійович Шевчук Editar o valor en Wikidata
5 de maio de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Stryi, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Arcebispo maior (pt) Traducir
25 de marzo de 2011 –
← Liubomyr Huzar
Arcebispo católico
25 de marzo de 2011 –
Administrador apostólico
10 de abril de 2010 –
Bispo Católico Grego Ucraniano (pt) Traducir
7 de abril de 2009 –
Bispo auxiliar
14 de xaneiro de 2009 –
Bispo titular
14 de xaneiro de 2009 –
Diocese: Castra Galbae (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica bizantina ucraína Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade de San Tomé de Aquino Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresbítero greco-católico (1994–), diácono (1994–), diácono transicional (pt) Traducir (1994–), teólogo Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónIhor Vozniak Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm13467076 Facebook: sviatoslav.shevchuk Instagram: head.ugcc VK: id42384442 Editar o valor en Wikidata

Sviatoslav Shevchuk (en ucraíno: Святослав Шевчук), nado en Stryi, RSS de Ucraína o 5 de maio de 1970, é un eclesiástico católico ucraíno que dende o 25 de marzo de 2011 é o arcebispo maior de Kíiv-Galicia e arcebispo metropolita de Kíiv e, xa que logo, cabeza da Igrexa católica bizantina ucraína.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Sviatoslav Shevchuk foi ordenado sacerdote o 26 de xuño de 1994, logo de estudar no seminario clandestino ucraíno entre 1983 e 1989. Entre 2002 e 2005 traballou como secretario xefe do Arcebispo Maior Liubomyr Huzar.[1] En 2006 obtivo un doutoramento en teoloxía pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, e foi reitor do seminario de Lviv.[2]

Bispo auxiliar e administrador de Buenos Aires

[editar | editar a fonte]

O 14 de xaneiro de 2009 foi nomeado bispo auxiliar da eparquía de Buenos Aires e consagrado bispo o 7 de abril do mesmo ano polo arcebispo Ihor Vozniak. O 10 de abril de 2010 foi nomeado administrador apostólico da mesma diocese.[3] Ademais de ucraíno, coñece o castelán, polaco, ruso, inglés, italiano, grego, latín e eslavo antigo.

Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia

[editar | editar a fonte]

O 23 de marzo de 2011 foi elixido Arcebispo Maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína logo da renuncia de Liubomyr Huzar. Esta decisión foi confirmada polo papa Bieito XVI o 25 de marzo de 2011.[4][5]

O 29 de marzo de 2011 o Arcebispo Maior Shevchuk dixo nunha conferencia de prensa en Kíiv que ía visitar o Santo Pai e que o Sínodo dos Bispos da ICBU preparara unha serie de propostas ao papa, entre elas a posibilidade de elevar á Igrexa Ucraína ao rango de patriarcado.[6] O 12 de xuño de 2012 Sviatoslav Shevchuk foi nomeado membro do Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.[7]

O 1 de outubro de 2017 celebrou a Divina Liturxia en Minsk nun templo greco-católico belaruso; foi primeira vez dende a supresión da Unión que o metropolita de Kíiv celebraba no territorio de Belarús.

  1. "УНІАН: Главою УГКЦ став єпископ Святослав (Шевчук)" (en ucraíno). Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  2. "Consagración episcopal de Mons. Sviatoslav Shevchuk" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  3. "Bishop Sviatoslav Shevchuk (Catholic-Hierarchy)" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  4. "Argentinian Bishop Sviatoslav Shevchuk became new head of Ukrainian Greek Catholic Church" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  5. "Conferma all'elezione dell'Arcivescovo Maggiore di Kyiv-Halyc (Ucraina)" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  6. "Major Archbishop Sviatoslav to ask Pope to grant Ukrainian Greek Catholic Church status of patriarchate – Ukrainian news. Interfax-Ukraine" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  7. "NOMINA DI MEMBRI E CONSULTORI DEL PONTIFICIO CONSIGLIO PER LA PROMOZIONE DELL’UNITÀ DEI CRISTIANI" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Mykhail Mykytsei
(Bispo)
 Administrador apostólico de Santa María do Patrocinio en Bos Aires 
10 de abril de 2010 - 25 de marzo de 2011
Sucesor:
Daniel Kozelinski Netto
Predecesor:
Liubomyr Huzar
 Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia 
25 de marzo de 2011 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)
Predecesor:
Liubomyr Huzar
 Arcebispo de Kíiv 
25 de marzo de 2011 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)