Swervedriver | |
---|---|
Orixe | Oxford, Inglaterra |
Período | 1989 - 1998 2008 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, shoegaze, grunge |
Selo(s) discográfico(s) | Creation, A&M, Shock, Sony, DGC, Zero Hour, Sonic Wave Discs, Second Motion, Hi-Speed Soul, Tym, Dine Alone, Cobraside, Dangerbird |
Membros | Adam Franklin Jimmy Hartridge Mikey Jones Mick Quinn |
Antigos membros | Adi Vines Graham Bonnar Danny Ingram Jez Hindmarsh Steve George |
Artistas relacionados | Shake Appeal, Toshack Highway, Adam Franklin & Bolts of Melody, Magnetic Morning, Supergrass |
Na rede | |
swervedriver.com | |
Swervedriver é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Oxford en 1989 ao redor dos membros principais Adam Franklin e Jimmy Hartridge. Entre 1989 e 1998 a banda publicou catro álbums de estudio e numerosos EPs e sinxelos, a pesar de pasar por varias formacións, representantes e selos. En 1993 a banda estableceu unha formación composta por Franklin nas voces e na guitarra, Hartridge na guitarra, Jez Hindmarsh na batería, e Steve George no baixo. Emerxeu cun son máis pesado que o dos seu contemporáneos shoegaze, e durante os seguinte cinco anos evolocionou incluíndo elementos de psicodelia, pop clásico e indie rock.
Problemas coa discográfica e a diminución do interese dentro do grupo levaron á súa separación a finais de 1998. Unha década despois Swervedriver reuniuse[1] e xirou periodicamente nos seguintes cinco anos, editando o seu primeiro material en 15 anos co sinxelo de 2013 "Deep Wound". Dende entón a banda publicou dous álbums máis, I Wasn't Born to Lose You en 2015 e Future Ruins en 2019, co batería Mikey Jones e o baixista Mick Quinn, membros da banda ao vivo, uníndose permanentemente ao grupo.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Raise | 1991 | Creation Records, A&M Records, Shock Records |
Mezcal Head | 1993 | Creation Records, A&M Records, Sony Music Entertainment |
Ejector Seat Reservation | 1995 | Creation Records, Sony Music Entertainment |
99th Dream | 1998 | Zero Hour Records, Sonic Wave Discs, Shock Records |
I Wasn't Born to Lose You | 2015 | Cobraside |
Future Ruins | 2019 | Dangerbird Records, Rock Action Records |