O Tappara é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, sendo o equipo máis laureado da competición con 20 títulos, 13 dos cales conseguindo trala profesionalización da competición en 1975. Foi fundado en 1955 e xoga os seus partidos como local no Nokia Arena, un pavillón con capacidade para 13 455 persoas que comparte co Ilves.
Dende 1965, Tappara xoga os seus partidos como local no Tampereen jäähalli. Coa finalización do novo Uros Live, tanto Tappara como Ilves pasarán a disputar os seus partidos como locais no novo recinto:
Tappara ten retirado os seguintes seis números ao longo da súa historia. Todos os xogadores homenaxeados son finlandeses e o primeiro número retirado polo equipo foi o 2 de Kalevi Numminen, que xogou entre as tempadas 1957-58 e 1968-69. A continuación todos os números retirados por Tappara e a data da súa retirada:[6]
O día 3 de febreiro de 2018 Tappara inaugurou o seu Hall of Fame nun espazo dentro do Tampereen jäähalli nos momentos previos ao partido que o equipo disputou fronte a Jukurit. O Tappara Hall of Fame homenaxea ás persoas que máis contribuíron ao desenvolvemento do club, así como das personalidades do seu predecesor, o TBK.[11] Na súa inauguración incluironse 41 nomes, entre os que figura a patinadora Kiira Korpi, ao contar o club tamén cunha sección de patinaxe artística, da que é a principal figura.[12]
Trátase do terceiro espazo deste tipo no hóckey finlandés, seguindo o camiño iniciado por TPS e Pelicans.[12]
As personalidades introducidas son elixidas por un comité integrado pola administración de Tappara ry e Tamhockey Oy, así como un representante dos xogadores e un elector externo.[12] Os seguintes son os nomes introducidos no Tappara Hall Of Fame dende a súa fundación:[13]
A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Tappara proclamouse un total de 20 veces campión de Finlandia, o que supón o récord de vitorias: 1953, 1954, 1955, 1959, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 1982, 1984, 1986, 1987, 1988, 2003, 2016, 2017, 2022, 2023 e 2024.[14][15][b][c]
13 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1958, 1960, 1963, 1974, 1976, 1978, 1981, 2001, 2002, 2013, 2014, 2015 e 2018.[15]
12 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1956, 1957, 1962, 1973, 1990, 2008 e 2019.[15]
O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. Tappara gañou este galardón en dez ocasións: 1977, 1978, 1981, 1984, 1986, 2002, 2017, 2022, 2023 e 2024.[14][15][16]
O Aaro Kivilinnan muistopalkinto é outorgado cada ano ao mellor equipo de Finlandia durante toda a tempada de acordo coas súas clasificacións na SM-liiga, así como a dos seus equipos de categorías inferiores e femininos. Foi intruducido na tempada 1972-73 e renomeado en 1995. Tappara recibiu catro veces este recoñecemento: 1975, 1979, 1984 e 1994.[15][17]
Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e seleccionador masculinoAarne Honkavaara. Seis xogadores de Tappara gañaron o trofeo.[14][15]
Trofeo Jari Kurri: entregado cada ano dende 1994 ao líder máis destacado do seu equipo durante os play-offs. O galardón leva o nome de Jari Kurri, considerado o mellor xogador finlandés da historia. Un total de catro xogadores de Tappara recibiron este galardón:[14][15]
Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. Ao longo da súa historia, tres jogadores de Tappara fixéronse co galardón:[14][15]
Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador de Tappara e a selección masculina finlandesa Kalevi Numminen. Catro adestradores de Tappara conseguiron o trofeo ao longo da historia do equipo:[14][15][15]
Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994. Leva o nome de Lasse Oksanen, nomeado mellor xogador do país en 1966. Dende a súa introdución, tres xogadores de Tappara gañaron o trofeo.[14][15]
Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do primeiro xogador que recibiu o galardón, Pekka Rautakallio. Tan só un xogador do equipo recibiu o galardón dende a súa introdución:[14][15]
Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador da liga e da selección nacional. Sete xogadores do equipo teñen conseguido o trofeo:[14][15]
Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Un total de seis xogadores de Tappara conseguiron o galardón:[14][15]
Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Tres xogadores de Tappara conseguiron este recoñecemento:[15][20]
Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en PoriJuha Rantasila. O primeiro xogador en recibilo foi Anssi Salmela, xogando para Tappara, que é o único xogador do equipo que o recibiu ata a tempada 2019-20:[15][20]