Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1943 (81 anos) Naaldwijk, Países Baixos (en) |
Educación | Universidade de Ámsterdam - Doutor en filosofía (1968–1972) Universidade de Ámsterdam (1967–1968) |
Actividade | |
Campo de traballo | Análise do discurso (pt) |
Ocupación | lingüista, sociólogo, catedrático, investigador |
Empregador | Universidade Pompeu Fabra (1999–2014) Universidade de Ámsterdam (1968–) Universidade de Ámsterdam Universidade Pompeu Fabra |
Premios | |
Busken Huet award (1971) | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | discursos.org |
Lista
|
Teun Adrianus van Dijk, nado en Naaldwijk o 7 de maio de 1943, é un teórico literario neerlandés, pioneiro nos campos da lingüística de textos, da análise do discurso e da análise da crítica do discurso.
Xunto con Walter Kintsch contribuíu ao desenvolvemento da psicoloxía no procesamento de textos. Dende a década de 1980 o seu traballo na CDA centrouse especialmente no estudo da reprodución discursiva do racismo polas "elites simbólicas" (políticos, xornalistas, eruditos, escritores), o estudo das noticias da prensa e sobre as teorías da ideoloxía e do contexto.
Fundou varios xornais internacionais: Poetics, Text (chamado na actualidade Text & Talk), Discourse & Society, Discourse Studies, Discourse & Communication e o xornal on-line Discurso & Sociedad (http://www.dissoc.org Arquivado 05 de decembro de 2006 en Wayback Machine.), dos cales edita os últimos catro.
Teun A. van Dijk era catedrático de estudos do discurso na Universidade de Ámsterdam dende 1968 ata 2004; dende 1999 ensina na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. É, tamén, un conferencista que ten viaxado a moitos lugares para expoñer as súas teorías, especialmente en Latinoamérica.