The (International) Noise Conspiracy | |
---|---|
Orixe | Umeå, Suecia |
Período | 1998 - 2009 |
Xénero(s) | indie rock, garage rock, post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | G7 Welcoming Committee, Burning Heart, Your Choice, American Recordings |
Membros | Dennis Lyxzén Inge Johansson Lars Strömberg Ludwig Dahlberg |
Antigos membros | Sara Almgren |
Na rede | |
internationalnoise.com | |
The (International) Noise Conspiracy (abreviado como T(I)NC) foi unha banda sueca de indie rock formada a finais do ano 1998. Estaba composta por Dennis Lyxzén (voces), Inge Johansson (baixo), Lars Strömberg (guitarra) e Ludwig Dahlberg (batería). O grupo é coñecido polas súas influencias punk e garage, e a súa apaixonada postura política de esquerdas. Ata o ano 2004 a guitarrista e teclista Sara Almgren tamén foi membro da banda. Dennis formou The (I)NC case inmediatamente despois da separación da súa anterior banda, Refused. Os membros de The (I)nc proceden de catro bandas máis, Totalt Jävla Mörker (Johansson), Separation (Strömberg), Saidiwas (Dahlberg e Almgren) e Doughnuts (Almgren). Dende 2007 Inge Johansson tamén toca no grupo The Most.