The Last Temptation of Reid | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Lard | ||||
Publicado | setembro de 1990 | |||
Gravación | maio de 1990 | |||
Estudio(s) | Chicago Trax Studios | |||
Duración | 41:38 (vinilo) 56:07 (CD e casete) | |||
Xénero(s) | rock industrial, hardcore punk | |||
Selo(s) | Alternative Tentacles | |||
Produtor | Hypo Luxa, Hermes Pan, Count Ringworm | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
The Last Temptation of Reid é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Lard, publicado en setembro de 1990 a través do selo Alternative Tentacles.
O álbum inclúe unha versión de "They're Coming To Take Me Away, Ha-Haaa!", interpretada orixinalmente por Napoleon XIV, coa adición dunha parte de guitarra e unha estrofa extra (composta por Jello Biafra) á estrutura orixinal. O álbum tamén inclúe o tema "Forkboy" que foi usado na banda sonora do filme Asasinos natos[1] e versionado por Flotsam and Jetsam (no seu álbum High) e a banda de rock industrialBlack Light Burns.
A versión en vinilo do álbum non inclúe o tema "I Am Your Clock", que no seu lugar foi editada nun sinxelo de 12" por separado.
O título do álbum é unha referencia á película de Martin Scorsese The Last Temptation of Christ. No libreto incluíuse un póster do filme co nome "Reid" pegado sobre o "Christ" do título. "Reid" refírese a Reid Hyams, quen gravou o primeiro EP do grupo, The Power of Lard, e era copropietario do estudio Chicago Trax.[1] Pode verse unha foto de Hyams na contraportada da edición en vinilo e no libreto do CD.
Tódolos temas escritos e compostos por Biafra/Jourgensen/Barker/Ward, agás onde se indique.
N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Forkboy" | Biafra, Jourgensen, Barker, Rieflin, Ward | 3:53 |
2. | "Pineapple Face" | 6:37 | |
3. | "Mate Spawn & Die" | Biafra, Jourgensen, Barker, Rieflin, Ward | 4:55 |
4. | "Drug Raid At 4 AM" | 5:01 | |
5. | "Can God Fill Teeth?" | 4:20 | |
6. | "Bozo Skeleton" | 4:30 | |
7. | "Sylvestre Matuschka" | 3:54 | |
8. | "They're Coming to Take Me Away" | N. Bonaparte | 8:28 |
9. | "I Am Your Clock" | 15:29 |