The Thermals | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Portland, Oregón, ![]() |
Período | 2002-2018 |
Xénero(s) | indie rock, lo-fi, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Kill Rock Stars, Saddle Creek, Sub Pop |
Membros | Hutch Harris Kathy Foster Westin Glass |
Antigos membros | Jordan Hudson Ben Barnett Caitlin Love Lorin Coleman Joel Burrows |
Artistas relacionados | Hutch & Kathy, All Girl Summer Fun Band, Forbidden Friends |
Na rede | |
thethermals.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Thermals foi unha banda estadounidense de indie rock baseada en Portland, Oregón. O grupo formouse no ano 2002. Con fortes influencias tanto do lo-fi como do rock stándar, as cancións da banda son tamén coñecidas pola súa imaxinería política e relixiosa.[1]
No ano 2002 os antigos compañeiros de banda Hutch Harris e Kathy Foster xuntáronse novamente para formar The Thermals, tras traballar xuntos no dúo folk Hutch & Kathy. O seu primeiro álbum, More Parts per Million, foi editado en 2003 por Sub Pop Records. O disco foi gravado e interpretado enteiramente por Hutch Harris, que se encargou de todos os instrumentos. A primeira formación ao vivo estaba composta por Harris con Kathy Foster no baixo, Jordan Hudson (tamén en M. Ward e The Operacycle) na batería, e Ben Barnett na guitarra.[1] O seu seguinte disco, Fuckin A (2004), foi mesturado polo membro de Death Cab For Cutie Chris Walla. Nese período Ben Barnett deixou o grupo e Hutch Harris encargouse da guitarra.
O seu terceiro álbum, The Body, The Blood, The Machine, foi producido por Brendan Canty de Fugazi[2] e gañou gran parte do recoñecemento do grupo, aparcendo en múltiples listas de mellores álbums de 2006 como as de NPR, The AV Club e Pitchfork.[3] A canción "A Pillar of Salt" tamén apareceu no videoxogo de Electronic Arts Skate 3.[4] Jordan Hudson deixou a banda durante a gravación deste terceiro álbum. Kathy Foster encargouse das tarefas de percusión no estudio e Lorin Coleman na xira.
O cuarto álbum de The Thermals, Now We Can See, foi editado en 2009 a través do selo Kill Rock Stars coa produción de John Congleton. Kathy Foster encargaríase novamente da percusión no traballo. Westin Glass uniríase á banda como batería tras finalizar o disco.
O seu quinto traballo, Personal Life, apareceu o 7 de setembro de 2010. Dous anos despois o súa versión da cabnción "Little Boxes" usouse como tema de apertura do capítulo 8 da oitava temporada de Weeds, "Five Miles From Yetzer Hara";[5] a súa canción "Here's Your Future" de The Body, The Blood, The Machine xa aparecera no capítulo "A Pool and his Money" en 2007.[6]
En outubro de 2012 o antigo guitarrista Joel Burrows morreu por complicacións debidas a un atropelo que sofrera meses antes.[7]
O 31 de xaneiro de 2013 The Thermals fichou por Saddle Creek Records e en abril dese ano lanzou o seu primeiro traballo co selo, o álbum Desperate Ground.[8][9]
O en xaneiro de 2016 a banda anunciou o lanzamenro do seu sétimo álbum de estudio, titulado We Disappear. O disco apareceu o 25 de marzo dese ano a través de Saddle Creek Records.[10]
O día 9 de abril de 2018 a anda anunciou a través da súa conta de Twitter a súa disolución tras 16 anos de carreira.[11]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
More Parts per Million | 2003 | Sub Pop Records |
Fuckin A | 2004 | Sub Pop Records |
The Body, the Blood, the Machine | 2006 | Sub Pop Records |
Now We Can See | 2009 | Kill Rock Stars |
Personal Life | 2010 | Kill Rock Stars |
Desperate Ground | 2013 | Saddle Creek Records |
We Disappear | 2016 | Saddle Creek Records |