The Yummy Fur | |
---|---|
Orixe | Glasgow, Escocia |
Período | 1992 - 1999 2010 |
Xénero(s) | indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Vesuvius, Guided Missile |
Membros | John McKeown Paul Thomson Brian MacDougall Dino Bardot |
Antigos membros | Alex Kapranos Lawrence Worthington Mark Gibbons Clare Gorman Jamie McMorrow Mark Leighton Marcus McNichol Steve Dunbar Alec Prentice Charlie Milne Paul Guided Missile |
Artistas relacionados | 1990s, Franz Ferdinand, Country Teasers, The Male Nurse, Correcto |
Na rede | |
http://www.theyummyfur.co.uk | |
The Yummy Fur foi unha banda escocesa de indie rock de Glasgow, formanda no ano 1992 e separada en 1999. O grupo estaba composto polo cantante principal e guitarrista John McKeown e unha formación cambiante de músicos. O seu nome está collido do cómic Yummy Fur de Chester Brown.
Tras deixar a banda en 1997, Lawrence Worthington tocaría a batería en The Male Nurse e en Country Teasers, unha banda de art punk influenciada por The Fall.
Tres futuros membros da exitosa banda de indie rock Franz Ferdinand tocaron en The Yummy Fur. O batería Paul Thomson, que se uniu ao grupo en 1997, e o multiinstrumentista Alex Kapranos Huntley, que se uniu en 1998, foron membros fundadores de Franz Ferdinand, e Dino Bardot uniríase como guitarrista a Franz Ferdinand en 2017 para substituír a Nick McCarthy.
O teclista Mark Gibbons suicidouse no ano 1999.[1]
A banda foi eloxiada polo DJ e presentador John Peel da BBC Radio 1, gravando dúas Peel Sessions en 1995 e 1998.[2]
O 23 de novembro de 2009 anunciouse que McKeown e Thomson reunirían a The Yummy Fur para unha breve xira polos Estados Unidos en xaneiro de 2010 para promocionar un disco de grandes éxitos.[3] Un novo informe de NME confirmou a participación do guitarrista de Brian MacDougall.[4]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Night Club | 1996 | Guided Missile |
Sexy World | 1998 | Guided Missile |