Theodor Poesche

Modelo:BiografíaTheodor Poesche
Biografía
Nacemento(de) Theodor Friedrich Wilhelm Poesche Editar o valor en Wikidata
23 de marzo de 1825 Editar o valor en Wikidata
Zöschen, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 1899 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg (pt) Traducir (1844–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo, escritor, historiador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Cronoloxía
década de 1850emigración Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiographisches Jahrbuch und Deutscher Nekrolog (en) Traducir, (vol:4, 1899, p.206) >>>:Poesche, Dr. Theodor, , lang: lingua alemá Editar o valor en Wikidata

Theodor Poesche, nado en 1824 en Zoeschen, preto de Merseburg (Saxonia-Anhalt) e finado o 27 de decembro de 1899 en Washington[1], foi un antropólogo xermano-americano, autor dunha Contribución á antropoloxía histórica. Estudante de filosofía na Universidade de Halle e revolucionario, emigra en 1850 aos Estados Unidos. En 1853, publica con Charles Goepp The New Rome, or The United States of the World, obra na que compara os Estados Unidos co Imperio romano. En 1878, dá ao prelo Die Arier: Ein Beitrag zur historischen Anthropologie. Baseándose nos caracteres físicos atribuídos ás poboacións indoeuropeas (cabelos louros, ollos azuis ou claros, elevada estatura, cadeiras estreitas, labios finos, prominencia do queixo, dolicocefalia) polo filólogo Ludwig Geiger,sitúa a súa orixe nos pantanos de Rokitno, en Rusia occidental, onde é frecuente o albinismo. Igualmente afirma que a lingua lituana está máis próxima da lingua nai indoeuropea que o propio sánscrito[2]. Engadindo aos argumentos antropolóxicos outros lingüísticos e arqueolóxicos Karl Penka ampliará este territorio á Alemaña setentrional e á Escandinavia meridional en 1883 e 1886.

  1. Ver Anton Bettelheim, Biographisches Jahrbuch und deutscher Nekrolog, G. Reimer, 1900, p. 206, ou Frank Spencer, History of Physical Anthropology, 1997, p. 110 ISBN 0815304900. Por contra, numerosos autores indican 1826 como ano de nacemento.
  2. Bruce Lincoln, Theorizing Myth: Narrative, Ideology, and Scholarship, University of Chicago Press, 1999, p. 253, nota 18. ISBN 0226482014. e Edwin Bryant, The Quest for the Origins of Vedic Culture: The Indo-Aryan Migration Debate, Oxford University Press, 2001, p. 32. ISBN 0195137779.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • The New Rome, or The United States of the World (con Charles Goepp), Nova York, 1853
  • Die Arier : Ein Beitrag zur historischen Anthropologie, Jena, 1878.