Thomas Robinson

Modelo:BiografíaThomas Robinson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas Earl Robinson Editar o valor en Wikidata
17 de marzo de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kansas
Brewster Academy (en) Traducir
Eastern High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso111 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo15 Editar o valor en Wikidata
Convocado porSacramento Kings Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Houston Rockets
Philadelphia 76ers
Portland Trail Blazers
Sacramento Kings
2009–2012 Kansas Jayhawks
Premios

Twitter: Trobinson0 Instagram: trobinson_foe Editar o valor en Wikidata

Thomas Earl Robinson, nado o 17 de marzo de 1991 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no BC Khimki da VTB United League.

Instituto

[editar | editar a fonte]

Robinson xogou ó baloncesto no Brewster Academy en Wolfeboro, Nova Hampshire. No seu último ano, fixo 16 puntos, 13 rebotes e 5 tapóns por partido. Era considerado coma o segundo mellor xogador do seu equipo, xusto despois de Charlie Henn, quen era ademais o seu mellor amigo.

Traxectoria universitaria

[editar | editar a fonte]

Robinson comezou o seu ano coma júnior e a tempada 2011-2012 coma un dos 50 candidatos ó premio John R. Wooden da pretempada.[1] Xunto ó seu compañeiro de equipo Tyshawn Taylor, esperábase que Robinson se convertera nun dos líderes do equipo de Kansas. O 31 de decembro de 2011, nun partido contra Dakota do Norte, Robinson anotou 30 puntos e capturou 21 rebotes. Foi o primeiro xogador de Kansas en facer 30 puntos e 20 rebotes dende que o fixera Wayne Hightower en 1961 contra Missouri, tras conseguir 36 puntos e 21 rebotes.[2] Ó remate da tempada regular da conferencia Big 12, Robinson foi segundo en dobres-dobres conseguidos, con 22, por detrás de O.D. Anosike do Siena College. Robinson rematou ademais acadando 18 puntos e 11.9 rebotes por partido.

O 4 de marzo de 2012, Robinson foi nomeado Xogador do Ano da Big 12 de 2012, seleccionado polos adestradores.[3] O 5 de marzo de 2012, foi galardoado co premio Associated Press ao Xogador do Ano da Big 12.[4]

O 9 de abril de 2012, Robinson decidiu saltarse o seu último ano universitario, e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[5]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Robinson foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Sacramento Kings.

O 20 de febreiro de 2013, Robinson foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Francisco García e Tyler Honeycutt a cambio de Cole Aldrich, Patrick Patterson e Toney Douglas.[6]

O 10 de xullo de 2013, Robinson foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio dos dereitos de Kostas Papanikolaou e Marko Todorović, ademais de dúas futuras de eleccións da segunda rolda do Draft.[7]

O 19 de febreiro de 2015, Robinson foi traspasado xunto a Will Barton, Víctor Claver e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016 ós Denver Nuggets, a cambio de Arron Afflalo e Alonzo Gee.[8] Tres días máis tarde foi cortado polos Nuggets, sen chegar a xogar ningún partido con eles.[9] O 24 de febreiro de 2015, os Philadelphia 76ers contrataron a Robinson,[10] e fixo o seu debut co equipo ó día seguinte, acadando 7 puntos e 6 rebotes na derrota por 88-104 contra os Milwaukee Bucks.[11]

  1. John R. Wooden Award Announces Men's Preseason Top 50 List
  2. [1]
  3. Big 12 Conference. "2012 Phillips 66 All-Big 12 Men's Basketball Awards Announced" (PDF). Big 12 Conference. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2013. Consultado o 4 de marzo de 2011. 
  4. Associated Press. "Kansas' Robinson is AP Big 12 player of year". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 5 de marzo de 2012. 
  5. "Kansas Jayhawks' Thomas Robinson to forgo senior year, enter NBA Draft". espn.go.com. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  6. "Kings Complete Multiplayer Trade". NBA.com. 20 de febreiro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  7. "Trail Blazers acquire Thomas Robinson from Houston". NBA.com. 10 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2013. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  8. Nuggets Acquire Barton, Claver, Robinson and Protected First Round Pick From Portland
  9. "Nuggets Waive Claver and Robinson". NBA.com. 22 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2015. 
  10. Sixers Claim Thomas Robinson
  11. "Carter-Williams impresses in debut, Bucks rout 76ers 104-88". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2015. Consultado o 07 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]