Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1937 Londres, Reino Unido |
Morte | 8 de febreiro de 2017 (79 anos) A Coruña, España |
Educación | University College de Londres Slade School of Fine Art (pt) Eton College |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escritor |
Timothy John Behrens, chamado Tim Behrens, nado en Londres en 1937 e finado na Coruña o 8 de febreiro de 2017, foi un pintor e escritor galego-británico, vinculado á Escola de Londres.
Behrens, de familia xudía, estudou na Escola de Belas Artes Slade do University College de Londres, en Londres. Nesa etapa de formación moveuse por distintos bares e clubs de bebida de artistas e intelectuais, como The Colony Room, onde fixo grupo con artistas que logo foron coñecidos como a Escola de Londres, e que compartían uns ideais estéticos e artísticos: Lucian Freud, Francis Bacon, John Deakin, Frank Auerbach ou Michael Andrews.[2] Neses anos cincuenta e sesenta do século XX, Behrens pintaba e ao mesmo tempo posaba como modelo: el é o personaxe que aparece no cadro Red-Haired Man on a Chair (Home roxo nunha cadeira), de Lucian Freud de 1962[3]) e 1963,[2] e o protagonista do Retrato de Timothy Behrens, unha obra de Michael Andrews que pertence á colección permanente do Museo Thyssen-Bornemisza).[4]
Parte da súa carreira pictórica posterior desenvolveuna en países do sur de Europa, como Italia, Grecia ou España. En 1985 instalouse na Coruña, cidade na que faleceu.
Casado, tivo un fillo, Charles Behrens, videocreador.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tim Behrens |