Tokyo Yakult Swallows

Tokyo Yakult Swallows
Fundado en 1950
En Shinjuku desde 1964
Insignia
Liga
Liga Nippon Professional Baseball
DivisiónCentral League (1950–presente)
Imaxe do equipo
Retirados1, 8, 27
Cores               Azul, vermello, verde
Datos do equipo
AnteriorKokutetsu Swallows (1950–1965)
Sankei Swallows (1965)
Sankei Atoms (1966–1968)
Atoms (1969)
Yakult Atoms (1970–1973)
Yakult Swallows (1974–2005)
AlcumesTsubame (つばめ, andoriñas)
EstadioEstadio Meiji Jingu (1964–presente)
Kōrakuen Kyūjō (1950–1963)
MascotaTsubakuro, Tsubami e Torkuya
DonoYakult Honsha
AdestradorShingo Takatsu
Títulos
Nippon S. (6)1978, 1993, 1995, 1997, 2001, 2021
Central L. (9)1978, 1992, 1993, 1995, 1997, 2001, 2015, 2021, 2022

Os Tokyo Yakult Swallows (東京ヤクルトスワローズ Tōkyō Yakuruto Suwarōzu?) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Shinjuku en Tokio. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O nome de Shallows procede dos seus propietarios corporativos, Yakult, unha compañía adicada á venda de bebidas lácticas. Con todo, Yakult non sempre foi a principal propietaria do equipo. No momento da súa fundación, o club era propiedade da Nihon Kokuyū Tetsudō (Kokutetsu), a compañía nacional de ferrocarrís, e tiña o nome de Kokutetsu Swallows. Máis adiante, entre 1965 e 1968, foron propiedade do xornal Sankei Shinbun e chamados Sankei Atoms. En 1970 Yakult compra o equipo e restaura o seu nome orixinal en 1974. A mascota do equipo é Tsubakuro, unha andoriña negra con face vermella.

A franquía dos Tokyo Yakult Swallows naceu en 1950 da man da antiga compañía Ferrocarrís Nacionais do Xapón (日本国有鉄道 Nippon Kokuyū Tetsudō?). O nome deste primeiro equipo foi Kokutetsu Swallows (andoriñas). O club debutou ese mesmo ano na Liga Central como franquía de expansión. A nivel deportivo os primeiros anos do equipo non foron moi bos, de feito, durante toda a década de 1950 o equipo nunca acabou unha temporada con máis vitorias que derrotas. A súa primeira temporada positiva foi a de 1961, ano no que o equipo finalizou en terceiro lugar da liga. Nesta época destacou o Masaichi Kaneda, alcumado o Emperador (天皇 Tennō?), o pitcher máis dominador da época. Kaneda conseguiu na súa etapa na franquía tres Premios Sawamura ao mellor lanzador así como numerosos récords: catorce temporadas seguidas con máis de vinte vitorias, dez veces líder en srikeouts e tres en ERA. O propio xogador declaraou que era capaz de lanzar até unha velocidade de 180 km/h (112 mph).[1] A pesar da mellora nas estatísticas de 1961, a pouca capacidade ofensiva do equipo e a marcha de Kaneda como axente libre aos Yomiuri Giants, levou ao equipo a verse de novo con malos resultados. En vista da situación, Kokutetsu decidiu vender en 1964 a franquía ao xornal Sankei Shinbun. Coa chegada do novo propietario, o club muda de nome a Sankei Atoms, inspirado no personaxe de manga e anime Astroboy (鉄腕アトム Tetsuwan Atom?).

Coa chegada dos novos propietarios da franquía, e debido á inestabilidade, varios xogadores fóronse ou foron vendidos. O equipo a pesar de seguir contando con bos lanzadores, carecía dun ataque sólido. En 1970 o equipo toca fondo coa peor temporada até a data, 33 vitorias por 92 derrotas. En 1974 recuperan o seu nome orixinal, Yakult Swallows. Durante esta década tentouse corrixir a mala situación deportiva e mellorar o atque coa adquisición de xogadores como Tsutomu Wakamatsu (1971), Katsuo Osugi (1975) ou Charlie Manuel (1976). En 1976, adestrados por Tatsuro Hirooka, os Swallows conseguiron acadar a segunda posición do campionato. Con todo, o seu primeiro grande éxito foi en 1978, cando o equipo consegue gañar por primeira vez a Liga Central e as Series do Xapón.

Durante a década de 1980, os Swallows volveron á senda dos malos resultados. Cun equipo sen recursos económicos para atraer xogadores de renome e coas súas antigas estrelas xa retiradas, decidiuse contratar en 1990 como adestrador a Katsuya Nomura. Baixo a súa dirección e tras facer varias mudanzas drásticas, a franquía mellorou de sensiblemente as súas actuacións. No seu primeiro ano o equipo acabou en quinto lugar, para mellorar e conseguir no seguinte e terceiro posto. O equipo non deixou de mellorar e ao ano seguinte, en 1992, gañou a Liga Central, fito repetido en 1993 e coroado coa consecución das súa segundas Series do Xapón en 1993. A boa serie de resultados non finalizaría aí, conseguindo ser os mellor equipo do país en 1995, 1997 e 2001.

No ano 2006 a franquía engadiu ao seu nome a cidade que os acolle, ficando como Tokyo Yakult Swallows. Tamén se engadiu ao uniforme do equipo o logotipo da cidade, o cal non levaban desde a era Kokutetsu. No ano 2009 conseguiron xogar as Climax Series (eliminatoria que outorga unha praza na final da Liga Central), aínda que perderon ante os Yomiuri Giants por 2−1. En 2011 os Swallows ocuparon o primeiro lugar da Liga Central desde abril até setembro, perdendo o primeiro posto nas últimas xornadas da man dos Chunichi Dragons. Nas Climax Series conseguiron eliminar na primeira fase aos Yomiuri Giants (2−1), máis perderon na segunda e difinitiva fase ante os Chunichi Dragons (4−2). En 2012 a oficina principal do equipo trasladouse desde Higashi-Shinbashi a Kita-Aoyama, moito máis cerca do Estadio Meiji Jingu. A nivel deportivo ese ano os Swallows volven xogar as Climax Series, mais de novo saíron derrotados ante os Chunichi Dragons (2−1). Tras dous anos ocupando o último lugar da liga, en 2015 o equipo consegu un novo título da Liga Central, clasficándose para xogar as Series do Xapón. Con todo, na final son gañados por 4−1 polos Fukuoka SoftBank Hawks. A seguinte aparición do equipo nas Climax Series foi en 2018, aínda que perderon por 2−0 ante os Yomiuri Giants.

Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[2]

  • Kokutetsu Swallows (1950−1965)
  • Sankei Swallows (1965)
  • Sankei Atoms (1966−1968)
  • Atoms (1969)
  • Yakult Atoms (1970−1973)
  • Yakult Swallows (1974−2005)
  • Tokyo Yakult Swallows (2006− )
Artigo principal: Estadio Meiji Jingu.

O estadio dos Swallows é o Meiji Jingu (明治神宮野球場 Meiji Jingū Yakyūjō?), situado no barrio de Shinjuku en Toquio. Foi inaugurado o 23 de outubro de 1926, sendo o segundo parque de béisbol máis antigo do Xapón. Alén dos xogos dos Swallows, acolle encontros de béisbol universitario, como o Tōto Daigaku Yakyū Renmei. Ademais, foi utilizado para un partido de exhibición durante os Xogos Olímpicos de 1964 de Toquio. No encontro enfrontáronse un combinado de xogadores universitarios estadounidenses, incluíndo oito futuros xogadores das Ligas Maiores, contra un all-star afeccionado xaponés, vencendo os primeiros por 6-2. Con capacidade para 37.933 espectadores, é propiedade do Templo Xintoísta Meiji de Shibuya (Meiji Jingū).

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Dorsais honrados

[editar | editar a fonte]
Tony Barnette.

Os Yakult Swallows non teñen retirados permanente dorais, mais si honran os números 1, 6, 8 e 27 de Tsutomu Wakamatsu, Shinya Miyamoto, Katsuo Osugi e Atsuya Furuta.

Xogador Posición Período
1 Tsutomu Wakamatsu Outfielder 1971–1989
6 Shinya Miyamoto Infielder 1995–2013
8 Katsuo Osugi Primeira base 1975–1983
27 Atsuya Furuta Catcher 1990–2007

Xogadores MLB

[editar | editar a fonte]
País Xogador Posición Temporadas no equipo
Xapón Norichika Aoki Outfielder 2004–2011, 2018−presente
Estados Unidos Tony Barnette Pitcher 2010–2015
Xapón Ryota Igarashi Pitcher 1999–2009, 2019−presente
Xapón Kazuhisa Ishii Pitcher 1992−2001, 2006–2007
Xapón Akinori Iwamura Terceira base 1998–2006, 2013–2014
Xapón Shingo Takatsu Pitcher 1991–2003, 2006–2007
Xapón Masato Yoshii Pitcher 1995–1997

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]