![]() (2008) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1972 ![]() Anveres, Bélxica ![]() |
Educación | Colexio de Nosa Señora de Anveres ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, director de cinema, guionista ![]() |
Período de actividade | 1989 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock e rock alternativo ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Selo discográfico | Columbia Records ![]() |
Descrito pola fonte | NFF Archief ![]() |
Sitio web | tombarman.net ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tom Barman, nado en Anveres o 1 de xaneiro de 1972, é un músico belga, guitarrista e vocalista da banda dEUS. É tamén director de cine e dirixe os videoclips da banda.
Barman estudou na escola de cine de St.-Lucas (Bruxelas) pero nunca rematou os estudos debido á súa outra paixón, a música, e preferiu comezar unha carreira musical coa súa banda dEUS, formada a principios dos anos 90. Con todo non abandonou de todo a súa experiencia co cine xa que dirixiu os vídeos musicais da banda e realizou unha curtamentraxe en 1996, titulada Turnpike. Tamén dirixiu vídeos para outros músicos belgas como Axelle Red e Hooverphonic.
No verán do 2001 comezou a rodar en Anveres a súa primeira longametraxe, Any Way the Wind Blows, estreada nas salas belgas no verán do 2003. En febreiro do 2004 editou The Body Gave You Everything, o álbum de estrea de Magnus, o seu proxecto orientado ao dance co produtor CJ Bolland.