Lanzarote | |||
---|---|---|---|
Nome | Unión Deportiva Lanzarote | ||
Alcume(s) | Conejeros, Rojillos, Sarote | ||
Fundación | 1970 | ||
Estadio | Cidade Deportiva, Arrecife, España | ||
Inauguración | 1968 | ||
Capacidade | 7.000 | ||
Presidente | José Domingo Machín | ||
Adestrador | Carmelo Hernández | ||
Liga | 3ª − Grupo 12 | ||
2013−14 | 11º | ||
Patrocinador | Opel Orvecame e Lanzarote | ||
Na rede | |||
http://www.udlanzarote.es/ | |||
| |||
A Unión Deportiva Lanzarote é un club de fútbol de España, radicado na cidade de Arrecife, en Lanzarote (Canarias). Foi fundado en 1970 e xoga no grupo XII da Terceira División Española.
O escudo do Lanzarote é similar ao do cabido da illa, coa mesma forma e un balón de fútbol no centro coas letras UD a ambos os dous lados.
O patrocinador que loce na camiseta é Opel Orvecame nos partidos de casa e a illa de Lanzarote nos de fóra.
Historicamente a mascota do equipo foi "De la Piña", unha piña vestida co uniforme do club. A mediados da década dos 2000 deixa de usarse esta mascota.
Para a tempada 2009-2010 créase unha nova mascota: "Sarotín", trátase dun coello (con certo parecido a Bugs Bunny), vestido coas cores do club. A elección dun coello vén polo topónimo coloquial de conejeros aos habitantes de Lanzarote.
O estadio do Lanzarote é a Ciudad Deportiva de Lanzarote, antigo Avendaño Porrúa, fundado en 1968 e cunha capacidade para 7.000 persoas, compartido co outro equipo da cidade, Orientación Marítima. O céspede artificial é de última generación, e está homologado pola FIFA. As dimensións son de 100 x 65 metros.
|
|