Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Municipio | Madrid | ||||
Contén a división administrativa | Casco Histórico de Vicálvaro (pt) El Cañaveral neighborhood, Madrid (en) Valdebernardo (en) Valderrivas (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 75.485 (2021) (2.140,4 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 35,2667113289 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1987 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Q52629540 | ||||
• Councilor president of the district of Vicálvaro (en) | Martín Casariego (pt) Carlos Sánchez Mato (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28032 | ||||
Páxina web | munimadrid.es… | ||||
Vicálvaro é unha antiga vila da provincia de Madrid que actualmente constitúe un distrito do leste da cidade de Madrid. Limita ao oeste co distrito de Moratalaz, ao norte co de San Blas, ao sur co de Vila de Vallecas e ao leste cos municipios de Coslada e Rivas-Vaciamadrid.
Administrativamente, Vicalvaro está dividido en dous barrios: Centro histórico de Vicálvaro e Ambroz. Con todo, a distribución urbanística do distrito fai que os susoditos barrios administrativos estean bastante dispersos, e cabe falar, no seu lugar, de tres grandes barrios:
A estes tres grandes barrios, hai que sumar o polígono industrial de Vicálvaro, así como outros núcleos de poboación que, construídos sobre terreos pertencentes ao distrito, están máis próximos ao casco urbano doutros municipios que ao resto de zonas urbanas de Vicálvaro. Algúns destes núcleos fóronse incorporando aos devanditos municipios (Coslada e Rivas-Vaciamadrid) mercé á acordos entre o Concello de Madrid e os consistorios dos citados municipios.
Así mesmo, o distrito conta cunha enorme extensión de terreos sen urbanizar. Estes terreos, de natureza rústica ata 1989, foron declarados urbanizables no Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado no devandito ano. Actualmente, atópanse en distintas fases burocráticas previas á súa urbanización. Unha vez superados estes trámites, comezará a urbanización de catro novos barrios no distrito de Vicálvaro, que pasará así a ser un dos máis poboados da capital madrileña. Estes catro barrios son:
O desenvolvemento dos dous últimos barrios (Los Ahijones e Los Cerros) está actualmente paralizado, en cumprimento dunha sentenza do Tribunal Supremo que declarou inválida a declaración dos terreos que compoñen estes e outros novos barrios de Madrid como urbanizables. Estes terreos estaban considerados como de especial protección, polo que a sentenza considera ilegal a parte do Plan Xeral de Ordenación Urbana que transformou este solo en urbanizable.