Vilafant

Modelo:Xeografía políticaVilafant
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°14′48″N 2°56′17″L / 42.246755, 2.937935
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Ámbito funcional territorialComarques Gironines
ComarcaAlt Empordà Editar o valor en Wikidata
CapitalVilafant Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.642 (2023) Editar o valor en Wikidata (671,67 hab./km²)
Número de fogares14 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie8,4 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porrío Manol Editar o valor en Wikidata
Altitude54 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Vilafant (en) Traducir Editar o valor en WikidataConsol Cantenys Arbolí (en) Traducir (2009–2023)
Montserrat de La Llave Alegri (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17740 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE17221 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT172214 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Rovetta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webvilafant.cat Editar o valor en Wikidata

Vilafant é un municipio catalán da provincia de Xirona. Está situado no centro da comarca do Alt Empordà.

O termo municipal, de 8,35 km², está ao suroeste da cidade de Figueres, capital de comarca. Tamén limita con Santa Llogaia d'Àlguema polo sur, con Borrassà ao suroeste e con Avinyonet de Puigventós ao noroeste.

Por todo o municipio atopáronse interesantes restos arqueolóxicos ibéricos e romanos, con fragmentos de cerámica datados dos séculos IV-III a.C.

O documento máis antigo que se refire a Vilafant data de 1017 e é unha bula do papa Bieito VIII a favor do mosteiro de Sant Esteve de Banyoles. A principios do século XVII, tiña unha das industrias do ladrillo máis importantes da provincia de Xirona. Actualmente, a súa demografía non para de crecer, debido á súa proximidade coa cidade de Figueres, onde traballan moitos dos seus habitantes.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1981 2000 2010
509 606 584 1.507 4.100 5.429

Localidades

[editar | editar a fonte]

O concello está formado por tres núcles de poboación:

  • Les Arengades i el Camp dels Enginyers
  • Les Forques
  • Vilafant

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa parroquial de Sant Cebrià, do século XII e reconstruída durante o século XVIII.
  • Palau Sabaldòria, conxunto arqueolóxico con restos ibéricos e romanos, igrexa prerrománica, castelo medieval e a masía Palol, unha gran casa do século XVI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]