Visucius foi un deus celta, comunmente identificado con Mercurio. Foi adorado principalmente no leste da Galia, en Tréveris e no Rin, e o seu nome coñécese grazas a dez inscricións dedicatorias. Unha desas inscricións foi atopada en Bordeos. Visucius é xunto con Gebrinius e Cissonius, os epítetos máis comúns do Mercurio galo.[1]
O nome ten sido interpretado co significado "dos corvos"[2] ou "erudito";[3] da raíz protocelta *weiko- 'corvo' e *witsu- 'coñecemento'.[4]