Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1901 Pietermaritzburg, KwaZulu-Natal, Suráfrica. |
Morte | 1 de agosto de 1975 Pretoria |
Cargos Director do Museo do Transvaal (1946-1966) Presidente da Asociación de Museos de Suráfica (1955).[1] | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | surafricana |
Educación | Universidade de Rhodes |
Actividade | |
Ocupación | herpetólogo, recolledor de plantas |
Empregador | Museo do Transvaal, Namib Desert Research Station |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | FitzSimons ![]() |
Familia![]() | |
Pais | Frederick William FitzSimons e Patricia Henrietta FitzSimons (nada Russell) |
![]() |
Vivian Frederick Maynard FitzSimons, nado o 7 de febreiro de 1901 en Pietermaritzburg, KwaZulu-Natal, Suráfrica, e finado o 1 de agosto de 1975 en Pretoria foi un herpetólogo suraficano de familia irlandesa.
FitzSimons fixo o bacharelato na prestixiosa Grey High School en Port Elizabeth. Despois graduouse na Universidade de Rhodes.
Ademais do seu labor no campo da herpetoloxía, contribuíu á recollida de mostras de espermatófitas para o Herbario Nacional, plantas que pasaron a formar parte do Instituto Nacional de Biodiversidade de Suráfrica no Xardín botánico Nacional de Pretoria.[2]
En 1937, xunto con Anna Amelia Obermeyer, recolleu algúns dos primeiros espécimes de plantas das terras altas orientais de Rhodesia (actual Zimbabue).
Máis tarde, como director do Museo do Transvaal, xunto con Charles Koch,[1] axudou a establecer o Instituto de Investigación do Deserto do Namib en Gobabeb.[2]
Vivian FitzSimons procedía dunha familia de naturalistas. O seu pai, Frederick William FitzSimons, e a súa nai Patricia Henrietta (de solteira Russell), emigraron a Suráfrica desde Irlanda.[1]
O seu irmán era Desmond Charles Fitzsimons que, en 1939, fundou o Fitzsimons Snake Park de Durban, e foi un dos principais distribuidores de antivelenos de serpes de Suráfrica.
Vivian FitzSimons foi honrado cos nomes científicos de catro réptiles.[3]
A abreviatura FitzSimons enprégase para recoñecer a Vivian Frederick Maynard FitzSimons como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Vivian Frederick Maynard FitzSimons |