Víctor Narro

Modelo:BiografíaVíctor Narro
Nome orixinalVíctor Narro Valero
Biografía
Nacemento27 de maio de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Palma, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo dereito

Víctor Narro Valero, nado en Palma o 27 de maio de 1999, é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Mallorca e máis tarde no La Salle,[1] antes de incorporarse á canteira do Villarreal CF en xaneiro de 2017.[2]

Na tempada 2018/19 militou na Terceira División nas filas do CD Roda, club co que o Villarreal mantén un convenio de colaboración.[3] Debutou nunha vitoria por 2-1 ante o Paterna CF e disputou un total de 35 partidos, marcando 3 goles.[4] A continuación regresou ao Villarreal para xogar no equipo C, tamén de Terceira División.[5] Na tempada 2020/21 xogou co Villarreal B na Segunda División B, disputando 21 partidos.

O 31 de xullo de 2021 deixou definitivamente o club e tres días despois o Real Valladolid Promesas, filial do Real Valladolid, oficializou a súa fichaxe para xogar na nova Primeira División RFEF.[6][7] Xogou 27 partidos co filial e o 13 de novembro de 2021 debutou co primeiro equipo na Segunda División, da man do adestrador Pacheta, nunha vitoria por 3-0 sobre o Fuenlabrada, entrando nos instantes finais como substituto de Álvaro Aguado.[8][9] Xogou catro partidos máis co primeiro conxunto valisoletano ata o final da tempada.

O 24 de xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, tamén de Primeira RFEF, co que asinou un contrato por dúas tempadas.[10] Participou en todos os partidos mentres tivo como adestrador a Borja Jiménez, pero perdeu protagonismo trala chegada de Óscar Cano ao banco, polo que en xaneiro saíu cedido ao Atlético Baleares.[11] No equipo palmesano contou con máis tempo de xogo e contribuíu cun gol e cinco asistencias á salvación do equipo.[12]

Ao remate da tempada o seu contrato co Deportivo foi rescindido e uns días despois anunciouse a súa fichaxe polo Lugo, equipo que viña de descender á Primeira RFEF.[13] No club lucense disputou un total de 32 encontros, 20 deles como titular, pero o equipo acabou lonxe do seu obxectivo do ascenso.

En xullo de 2024 fichou polo Gimnàstic de Tarragona, da mesma categoría.[14]

  1. Vallès, Jaume (3 de outubro de 2015). "El Mallorca cede al juvenil Víctor Narro al La Salle" (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  2. Roca Castelló, Juan F. (9 de xaneiro de 2017). "Víctor Narro se enrola en las filas del Roda procedente del Real Mallorca" (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  3. "Víctor Narro se suma al proyecto del Roda" (en castelán). 14 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2022. [Ligazón morta]
  4. "Los tres puntos se quedaron en casa: Roda 2-1 Paterna" (en castelán). 4 de outubro de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  5. Roca, Juan F. (11 de xuño de 2019). "El interior diestro Víctor Narro pasará del Roda al Villarreal C" (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  6. "Víctor Narro se despide del Villarreal CF y pone rumbo al Real Valladolid" (en castelán). 31 de xullo de 2021. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  7. "Víctor Narro, octavo fichaje del Promesas" (en castelán). 3 de agosto de 2021. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  8. Pérez Baraja, Jesús (13 de novembro de 2021). "El Valladolid golea al final y ya mira al ascenso directo". Marca (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  9. "Víctor Narro, el vigesimoctavo jugador utilizado por Pacheta". As (en castelán). 14 de novembro de 2021. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  10. "Víctor Narro, novo xogador do Dépor 22-23". 24 de xuño de 2022. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  11. "Víctor Narro se marcha cedido al Atlético Baleares" (en castelán). 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  12. Mendoza, Santi (17 de abril de 2023). "Víctor Narro renace en el Atlético Baleares". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2023. 
  13. "Víctor Narro nuevo jugador del CD Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de agosto de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  14. "Víctor Narro, primer refuerzo del Nàstic" (en castelán). 5 de xullo de 2024. Consultado o 5 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]