Weezer | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Weezer | ||||
Publicado | 3 de xuño do 2008 | |||
Gravación | primavera do 2007 - principios do 2008 | |||
Duración | 41:23 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | DGC/Interscope | |||
Produtor | Rick Rubin, Jacknife Lee, Weezer | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Weezer (alcumado como The Red Album, pola cor da súa capa) é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 3 de xuño do 2008. Ao igual que o primeiro traballo do grupo, os outros membros da banda contribuíron coas súas composicións (no resto dos discos Rivers Cuomo foi o principal compositor e vocalista). Este é o primeiro álbum de Weezer que conta con voces de todos os membros da banda.
O vídeo do primeiro sinxelo do álbum, "Pork and Beans", converteuse no máis visto en Internet a semana seguinte ao seu lanzamento[1]. As vendas de Weezer foron menores que as do seu predecesor, Make Believe, vendendo 200.000 copias menos no mesmo período de tempo.