Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1947 East Grand Rapids, Estados Unidos de América |
País de nacionalidade | Estados Unidos. |
Educación | Universidade de Míchigan. |
Q89547790 | Estudos de moeda provincial romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | escritor, numismático, profesor universitario |
Empregador | Universidade Columbia Universidade Rutgers (pt) American Numismatic Society Universidade de Nova York Bryn Mawr College Universidade de Princeton Università degli studi di Padova. Centro di ateneo per la storia della resistenza e dell'età contemporanea - CASREC (en) Universidade Yale |
Membro de | |
Premios | |
(2008): Jeton de Vermeil (SNF). (2024): Medalla Huntington (ANS). | |
William Edwards Metcalf, nado o 16 de decembro de 1947, é un numismático estadounidense e historiador da Antigüidade, experto na moeda da Antiga Roma e, máis concretamente, na moeda provincial romana.[1][2]
Metcalf cursou os seus estudos universitarios na Universidade de Míchigan: primeiro graduouse en Latín (Bachelor of Arts) en 1969, con distinción honorífica; logo en Estudos Clásicos (Master of Arts) en 1970, e finalmente acadou o doutoramento, tamén en Estudos Clásicos, en 1973. Nesa universidade tivo profesores como o eminente numismático T. V. Buttrey.[1][2][3]
En canto obtivo o grao de doutor, ingresou como conservador axudante de moeda romana e de moeda bizantina na American Numismatic Society (ANS), en Nova York, posto que ocupou ata 1975, cando foi ascendido a conservador asociado. En 1978 pasou a ser conservador xefe adxunto e, finalmente, en 1979 foi nomeado conservador xefe, sucedendo no posto a Margaret E. Thompson, onde permaneceu ata 2000. A partir dese momento foi conservador honorario e membro permanente da ANS.[1][3]
Metcalf foi tamén profesor visitante, adxunto ou asociado en diversas institucións académicas de prestixio, como a Universidade de Columbia, a Universidade de Princeton, a Universidade de Padua, o Bryn Mawr College (Pensilvania), a Universidade Rutgers (Nova Jersey) ou a Universidade de Nova York.[1][2][3]
No ámbito universitario, foi tamén conservador de moedas e medallas na Universidade Yale e profesor adxunto de Estudos Clásicos nesa mesma universidade en 2002. En 2007, o posto de conservador en Yale tomou o nome honorífico de Ben Lee Damsky, e Metcalf ocupouno ata o seu retiro en 2014.[1][3]
William E. Metcalf forma parte do conselloe ditorial da revista numismática suíza Schweizerische Numismatische Rundschau.[4]
En 2008, o Archaeological Institute of America elixiuno como protagonista da súa tradicional serie anual de conferencias.[9]
A Sociedade Numismática Austríaca nomeouno membro de honra.[10]
Ademais, en 2018, a American Numismatic Society editou na súa honra unha publicación conxunta titulada Concordia Disciplinarum: Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf.[11][12][13]
Ao longo da súa traxectoria académica, William E. Metcalf foi autor de numerosas publicacións, entre libros e artigos en revistas especializadas.[2][14] Esta é unha escolma das monografías máis salientables das publicadas por William E. Metcalf ao longo da súa traxectoria académica:[2][15]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William E. Metcalf |