World Cup Italia '90 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Sega |
Distribuidora(s) | Sega |
Lanzamento | 1990 |
Xénero | Deportes |
Modos de xogo | Ata 2 xogadores simultáneos |
Plataforma(s) | Sega Mega Drive, Sega Master System, MS-DOS |
Formato(s) | Cartucho, disquete |
Requisitos | 80286 (versión de PC) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
World Cup Italia '90 é un videoxogo de fútbol de Sega para Mega Drive e Master System publicado en 1990. Trátase do primeiro xogo dun mundial de fútbol en levar a licenza oficial da FIFA, amosando o logo oficial e a mascota. O xogo trae os grupos oficiais, equipos e os horarios reais do campionato.
Foi portado por U.S. Gold para DOS, Amiga, Atari ST, Commodore 64 e ZX Spectrum. Despois do Mundial, o xogo foi publicado como World Championship Soccer e despois renomeado a Sega Soccer no cartucho de recompilación Mega 6 de Mega Drive, eliminando os créditos de Virgin Mastertronic. No Brasil foi publicado co nome Super Futebol II.
O xogo presenta unha visión de arriba cara a abaixo e unha versión simple de fútbol (non hai faltas, substitucións, ou estratexias). Os xogadores deben driblar e pasa-lo balón cara a un extremo do campo e tratar de marcar un gol ao equipo contrario. Cando o equipo do xogador ten a pelota, el ou ela pode conducir o balón polo campo, patea-la pelota cara a meta, pasa-lo balón polo aire a outro membro do equipo, ou patea-lo balón cara a adiante na dirección que o xogador afronta actualmente. Cando o equipo contrario ten o balón, o xogador pode cambiar entre os diferentes membros do equipo no campo, ou atacar o seu opoñente para saca-lo balón do seu control.