Wussy | |
---|---|
Orixe | Cincinnati, Ohio, |
Período | 2001 - presente |
Xénero(s) | indie rock, folk rock, rock alternativo, country rock |
Selo(s) discográfico(s) | Shake It Records, Damnably |
Membros | Chuck Cleaver Lisa Walker Mark Messerly Joe Klug John Erhardt |
Antigos membros | Dawn Burman |
Na rede | |
wussyworld.com | |
Wussy é unha banda estadounidense de indie rock formada en Cincinnati, Ohio en 2001.[1] O grupo está composto por Chuck Cleaver (voces/guitarra), Lisa Walker (voces/guitarra), John Erhardt (pedal steel), Joe Klug (batería) e Mark Messerly (baixo).[2][3] Cleaver e Walker compoñen a meirande parte das cancións e altérnanse nas voces principais ou fan harmonías.[1] Nas súas actuacións os dous vocalistas teñen unha "relación combativa".[4] A banda publicou seis álbums de estudio, un álbum ao vivo, dous EPs, un mini LP e varios sinxelos. O grupo recibiu a aclamación da crítica da Rolling Stone,[5] Robert Christgau,[6] a revista Chicago,[7] e SPIN.[8]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Funeral Dress | 2005 | Shake It |
Left for Dead | 2007 | Shake It |
Wussy | 2009 | Shake It |
Strawberry | 2011 | Shake It |
Attica! | 2014 | Shake It/Damnably |
Forever Sounds | 2016 | Shake It/Damnably |
What Heaven is Like | 2018 | Shake It/Damnably |