XXVII edición dos Premios Goya

De esquerda a dereita: Emilio Pina, produtor executivo da gala dos premios; Eva Cebrián, directora do Área de Cine de TVE; Enrique González Macho, presidente da Academia de Cine de España; e Eva Hache, presentadora da gala de 2013.

A 27ª cerimonia de entrega dos Premios Anuais da Academia "Goya" tivo lugar no Centro de Congresos Príncipe Felipe, localizado no Hotel Auditorium, o 17 de febreiro de 2013.[1] A presentadora foi Eva Hache, quen xa ocupou ese mesmo posto na anterior edición.[1]

Presentación

[editar | editar a fonte]

A presentación da 27ª cerimonia dos Premios Goya tivo lugar o 19 de decembro de 2012 na sede da Academia de Cine, en Madrid. Ao acto acudiron Emilio Pina, produtor executivo da gala dos premios; Eva Cebrián, directora do Área de Cine de TVE; e Enrique González Macho, presidente da Academia de Cine de España; quen deron a coñecer á presentadora da gala, que sería a actriz e humorista Eva Hache, presentadora tamén da cerimonia de 2012 e que lles acompañou naquela roda de prensa.[2]

Así mesmo, durante a presentación déronse detalles e cifras sobre a seguinte entrega de premios: un total de cento vinte películas españolas optarían aos Premios Goya 2013, divididas en setenta e nove de ficción, sete de animación e trinta e catro documentais. Ademais, na 27ª edición participarían cen longametraxes europeas; trece películas iberoamericanas, entre as que por primeira vez había proxeccións portuguesas e brasileiras; e trinta curtametraxes. Os finalistas, que se anunciaron o 8 de xaneiro de 2013, disputaríanse un total de vinte e oito premios.[3]

A cerimonia de entrega de premios, cuxa produción executiva correu a cargo de Emilio Pina, foi dirixida por Manel Iglesias e tivo guión de Edu Arroyo e Cristina López.[3]

A anécdota da velada produciuse ao anunciarse o Goya á mellor Canción, ao nomearse por erro nun primeiro momento como gañador a Pablo Cervantes, pola canción «Línies paral·leles» da película Els nens salvatges.[4]

O Goya de honra, anunciado con anterioridade, foi para a actriz Concha Velasco, quen o recibiu o 28 de xaneiro de 2013 nos Teatros del Canal durante a festa que reúne aos finalistas e tamén o día da gala, en febreiro.[2][3]

Premios por categoría

[editar | editar a fonte]

Estes son os finalistas da 27ª edición dos Premios Goya, segundo anunciouse o 8 de xaneiro de 2013 na sede da Academia,[5][6][7] e os gañadores, anunciados na cerimonia de entrega o 17 de febreiro de 2013:[8]

Mellor película Mellor dirección
Mellor interpretación masculina protagonista Mellor interpretación feminina protagonista
Mellor interpretación masculina secundaria Mellor interpretación feminina secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor dirección novel Mellor dirección artística
Mellor actor revelación Mellor actriz revelación
Mellor película documental Mellor película de animación
Mellor dirección de produción Mellor montaxe
Mellor fotografía Mellor son
Mellor música orixinal Mellor canción orixinal
Mellor deseño de vestiario Mellor maquillaxe e peiteado
Mellores efectos especiais Mellor curtametraxe de ficción
Mellor curtametraxe documental Mellor curtametraxe de animación
Mellor película estranxeira de fala hispana Mellor película europea
Premio Goya de honra
Concha Velasco
  1. 1,0 1,1 García, Rocío (19-12-2012). El País, ed. "Eva Hache repite como presentadora de la gala de los premios Goya" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 EFE, ed. (19-12-2012). "Eva Hache volverá presentar os Goya en 2013". Cadena Ser (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Martín Rodrigo, Inés (19-12-2012). Diario ABC, ed. "Eva Hache repite como presentadora dos Goya" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2012. 
  4. El País, ed. (17 de febreiro de 2013). "Un patinazo histórico". 
  5. http://premiosgoya.academiadecine.com/actualidad/detalle.php?id=304
  6. http://premiosgoya.academiadecine.com/descargas/candidatos_edicion_27.pdf
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2013. 
  8. http://cultura.elpais.com/cultura/2013/02/17/actualidad/1361129134_057209.html

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]