Xefe Powhatan

Modelo:BiografíaXefe Powhatan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1549 Editar o valor en Wikidata
Tsenacommacah Editar o valor en Wikidata
Morte1618 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Lugar de sepulturaVirxinia Editar o valor en Wikidata
Xefe tribal
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosPocahontas Editar o valor en Wikidata
IrmánsOpchanacanough Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe American Cyclopædia
Appletons' Cyclopædia of American Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Powhatan-1 Find a Grave: 5569 Editar o valor en Wikidata

Xefe Powhatan ou Wahunsonacock (¿1547? - 1618) foi un líder dos powhatan, principal etnia da confederación de tribos que se estendía dende a actual cidade de Washington D. C. ata Carolina do Norte nos Estados Unidos. Rexía sobre uns 30 pobos, e gobernaba dende a poboación de Werowocomoco localizada no actual condado de Gloucester, Virxinia.

Segundo John Smith, en 1607 subxugou ás tribos do lugar e converteuse no seu xefe. Mantivo unha actitude ambigua cos colonos brancos, mais permitiu que no ano 1613, a súa filla Pocahontas casase con John Rolfe. Morreu no 1618 e foi sucedido polo seu irmán Opitchapan. Converteuse nun personaxe lendario para a posteridade, de xeito que algunhas familias da alta sociedade virxiniana afirman ser descendentes seus.

O personaxe homónimo do filme de Disney Pocahontas baséase no personaxe histórico, ó cal pon a súa voz o actor síux e militante do American Indian Movement Russell Means. No filme The New World é August Schellenberg quen interpreta o Xefe Powhatan.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]