Xiomara Alfaro

Modelo:BiografíaXiomara Alfaro

(1958) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1930 Editar o valor en Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xuño de 2018 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Cape Coral, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesEl Ruiseñor
La Alondra Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCape Coral (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoBolero e ópera Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano coloratura Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRCA Victor
Seeco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0019094 Facebook: 273839806117231 BNE: XX1781796 Musicbrainz: 9e6731f6-822e-4735-a2bb-1b32098547a2 Discogs: 392770 Allmusic: mn0000681675 Editar o valor en Wikidata

Xiomara Alfaro, nada na Habana o 11 de maio de 1930 e finada en Miami o 24 de xuño de 2018,[1] foi unha cantante cubana de música popular que residiu nos Estados Unidos. Marcou un estilo propio na canción popular cubana, co seu repertorio de boleros na súa voz de soprano con especial capacidade para os sons agudos. É unha artista contemporánea de Olga Guillot, Celia Cruz, Omara Portuondo ou Yma Sumac.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse en revistas musicais nos anos 50 e en espectáculos de cabaré, actuou no club Tropicana e realizou espectáculos en diversos países do mundo, chegando a editar máis de 28 discos, algún coa colaboración de Bebo Valdés ou Ernesto Duarte Brito, entre outros.

Estivo casada co pianista panameño Rafael Benítez, quen foi o seu adaptador e director de orquestra artístico colaborando na gravación dos seus discos. O bolero "Siboney" de Ernesto Lecuona foi moi popular na súa voz. Participou no filme italiano Mambo, canda Silvana Mangano e Vittorio Gassman, dirixido por Robert Rossen en 1954.