Nome orixinal | (fr) Jean de Bourbon |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Juan Carlos María Isidro de Borbón y Braganza 15 de maio de 1822 Aranjuez, España |
Morte | 18 de novembro de 1887 (65 anos) Brighton, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Catedral de Trieste (pt) |
Carlist pretender to the Spanish throne (en) | |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Período de actividade | (Con vida en: 1855 ) |
Outro | |
Título | Duque de Anjou Montizónské hrabství (en) Carlist pretender to the Spanish throne (en) |
Familia | Casa de Borbón-Anjou |
Cónxuxe | Maria Beatriz de Áustria-Este (1847–valor descoñecido) |
Fillos | Carlos, duque de Madrid, Afonso Carlos, duque de San Jaime |
Pais | Carlos María Isidro de Borbón e María Francisca de Braganza |
Irmáns | Carlos Luís de Borbón Fernando de Bourbon e Bragança |
Premios | |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Xoán de Borbón Braganza, conde de Montizón, nado en 1822 e finado en 1887, foi o pretendente ao trono español da dinastía carlista co nome de Xoán III (1861-1868) e pretendente lexitimista ao trono francés co nome de Xoán III rei de Francia e Navarra (1883-1887).
Juan Carlos María Isidro naceu como Infante de España en Madrid, fillo de Carlos María Isidro de Borbón e da infanta María Francisca de Portugal. En 1833 trasladouse co seu pai a Portugal e en 1834 a Inglaterra. O 6 de febreiro de 1847 casou coa arquiduquesa Beatriz de Austria-Este, filla de Francisco IV de Módena e a princesa María Beatriz de Savoia, coa que tivo dous fillos Carlos, duque de Madrid e Afonso Carlos, duque de San Jaime.
Xoán e Betriz viviron en Módena ata a revolución de 1848, cando despois dunha estadía en Austria establecéronse en Londres, Xoán desenvolveu tendencias liberais en contradición coa súa propia familia e muller, da que se acabou separando. Cando o 23 de abril de 1860 o seu irmán Carlos Luís de Borbón abdicou tras ser detido polas autoridades españolas logo dunha tentativa frustada de insurrección, Xoán asumiu os dereitos da dinastía carlista, a pesar da retractación de Carlos Luís unha vez liberado e durante uns meses houbo dous pretendentes carlistas, ata que a morte de Carlos Luís en xaneiro deixou a Xoán como o único pretendente, aínda que mantivo escasos apoios entre os carlistas, polo seu ideoloxía liberal, e a viúva de Carlos María Isidro, María Teresa de Braganza, príncesa de Beira exerceu como a verdadeira cabeza do movemento carlista e en 1864 proclamou na Carta aos españois como rei lexítimo ao fillo de Xoán, Carlos co nome de Carlos VII. Aínda que algúns destacados carlistas, como Ramón Cabrera ou o conde de Chambord seguiron a recoñecer a Xoán como o rei lexítimo ata que Xoán abdicou dos seus dereitos o 3 de outubro de 1868 e retirouse a Hove, preto de Brighton e apoiou ao seu fillo na Terceira Guerra Carlista.
O 24 de agosto de 1883 á morte do conde de Chambord, o pretendente lexitimista ao trono de Francia, a viúva e unha parte dos seus seguidores procláronno o seu herdeiro e Xoán converteuse en pretendente ao trono de Francia, aínda que non de forma activa.