Youth crew | |
---|---|
Orixe musical | straight edge, hardcore punk, hardcore melódico, crossover thrash, NYHC |
Orixe cultural | mediados dos 80 en Norteamérica |
Instrumentos típicos | voz, guitarra eléctrica, baixo, batería |
Derivados | metalcore - positive hardcore |
O youth crew é un sub-xénero do hardcore punk, definido sobre todo pola banda Youth of Today, que estivo principalmente activo nos anos 80, particularmente durante a escena hardcore de Nova York de 1988. O youth crew distínguese doutras escenas hardcore e punk pola súa furia, optimismo ou perspectiva moralista rimbombante, ademais do son vándalo do hardcore neoiorquino. As bandas orixinais de youth crew e os seus seareiros eran principalmente mozos straight edge, e algúns dos grupos posteriores afondaron nos intereses espirituais (particularmente Hare Krishna) e políticos.
Entre as súas primeiras influencias musicais están Minor Threat, Bad Brains, Negative Approach, Cro-Mags e Agnostic Front. Mentres que algunha música do youth crew é semellante ao hardcore melódico, o youth crew tamén inclúe rupturas intencionadas para facelo máis bailable nas actuacións ao vivo. Youth of Today foi unha banda moi sucia de youth crew, con voces abrasivas e cancións rápidas demasiado curtas como para incluír moita melodía (semellante aos primeiros tempos de Agnostic Front, e contrastando coa outra gran banda do xénero de Nova York, Gorilla Biscuits). Posteriores grupos de youth crew colleron máis influencias do heavy metal.