Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Nome | Zaragoza Club Deportivo | |
---|---|---|
Alcume(s) | Tomates | |
Fundación | 1925 | |
Desaparición | 1932 | |
Estadio | Campo de la Torre de Bruil, Zaragoza, España | |
Inauguración | 1924 | |
Capacidade | 6 000 | |
|
O Real Zaragoza Club Deportivo, despois durante a República unicamente Zaragoza Club Deportivo, foi un equipo de fútbol español da cidade de Zaragoza, en Aragón. O club foi fundado en 1925, resultado da fusión entre a Real Sociedad Atlélica Stadium e o Zaragoza Foot-Ball Club. En 1932 fusionouse co Iberia Sport Club para formar o Zaragoza Foot-ball Club, actual Real Zaragoza.
Tras varias fusións e absorcións dos clubs anteriores ao Real Zaragoza Club Deportivo, este nace froito da fusión entre o Zaragoza Foot-Ball Club e a Real Sociedad Atlética Stadium, adoptando o recoñecemento de Real outorgado ao Stadium, e sen modificar a tradicional camisa vermella con pantalón azul do mesmo, continúan así sendo coñecidos os xogadores do Real Zaragoza CD como "os tomates". O Zaragoza tomate xogaba no Campo de la Torre de Bruil, tamén coñecido como Campo de la Calle Asalto, por estar situado no número 13 desta.
Na tempada de 1928/29 queda 5º no Grupo B da Segunda División, grupo transitorio da categoría na que só os dous primeiros clasificados quedarían en Segunda. Durante a tempada 1929/30 figuraría na Terceira División, pero retírase debido a problemas económicos. Durante a tempada 30/31 queda como 4º clasificado no Grupo II da Terceira División. Disputaría a tempada 1931/32 en Rexional, co nome de Zaragoza Club Deportivo debido á instauración da Segunda República Española. Moi endebedado e con numerosos acredores, é apartado da competición por falta de pagamento e despois dado de baixa na Federación Aragonesa de Fútbol, no mes de decembro de 1931.
Finalmente tras conversacións entre o club e o Iberia Sport Club, que tamén se atopaba en mala situación, fusiónanse para dar orixe o 18 de marzo de 1932 ao Zaragoza Foot-ball Club, nome orixinal do actual Real Zaragoza.