Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1938 Terroso, España |
Morte | 12 de febreiro de 1987 (48 anos) León, España (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Ángel Barja Iglesias, nado en Terroso, Vilardevós, o 5 de outubro de 1938 e finado en León o 12 de febreiro de 1987[1], foi un compositor galego.
Estuda o bacharelato en El Espino de Burgos e despois filosofía, psicoloxía e teoloxía en Valladolid. A súa intención era facerse eclesiástico, mais abandonou o proxecto para dedicarse á música. De feito, aos 16 anos xa compoñía pezas de música coral. Formouse nas diversas facetas da arte musical e en 1954 comezan as súas actividades como compositor.
Para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos, viaxou por Italia, onde mantivo contactos con Petrassi, Porena, Bertolucci e o movemento de vangarda Nuova Consonanta, e tamén por Suíza e Austria. En 1972 instalouse en León para dedicarse ao ensino no conservatorio e á dirección do coro Capela clásica.
As súas composicións abranguen varios xéneros musicais e moi diversificadas linguaxes.