17 Hippies | |
---|---|
![]() 17 Hippies en directo en Salamanca, no 2006. | |
Orixe | Berlín, ![]() |
Período | 1995 – presente |
Xénero(s) | folk, pop |
Selo(s) discográfico(s) | Hipster Records Buda Musique |
Membros | Antje Henkel Daniel Cordes Christopher Blenkinsop Daniel Friedrichs Dirk Trageser Elmar Gutmann Henry Notroff Kerstin Kaernbach Kiki Sauer Lutz 'Lüül' Ulbrich Rike Lau Uwe Langer Volker 'Kruisko' Rettmann |
Na rede | |
www.17hippies.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
17 Hippies é un grupo de música instrumental de Berlín (Alemaña), fundado no ano 1995. A súa música, que procede dunha confluencia entre varios tipos de folclore, é tocada con grande estilo e enerxía. As súas influencias son de temas belgas, polacos, gregos, serbios e alemáns.
* | Antje Henkel | Clarinete, saxofón |
* | Daniel Cordes | Contrabaixo |
* | Christopher Blenkinsop | Ukelele, buzuki, voz |
* | Daniel Friedrichs | Violín |
* | Dirk Trageser | Voz, guitarra |
* | Elmar Gutmann | Trompeta |
* | Henry Notroff | Clarinete |
* | Kerstin Kaernbach | Violín |
* | Kiki Sauer | Acordeón, armonio, voz |
* | Lutz 'Lüül' Ulbrich | Banjo, guitarra |
* | Rike Lau | Violonchelo |
* | Uwe Langer | Trombón |
* | Volker 'Kruisko' Rettmann | Acordeón |
Fundada no 1995 en Berlín por Christopher Blenkinsop, tocaron máis dun centenar de concertos, principalmente en Alemaña e Francia, con frecuentes espectáculos en Suíza, Hungría, Bélxica, os Países Baixos, a República Checa, Austria, España, Rusia e o Xapón. As súas actuacións en vivo nos Estados Unidos limitáronse a uns poucos concertos en Austin, e na Gran Bretaña a unha soa en Londres, no 2005.
Na Gran Bretaña posibelmente son máis coñecidos pola banda sonora da película alemá Halbe Treppe, que no 2002 saíu co nome inglés de Grill Point.
A orixe do seu nome é descoñecido incluso para eles mesmos: Ninguén sabe exactamente por que 17 ou por que hippies. Pero ter un nome é bo, como un indicador na estrada anuncia unha vila.
Ao primeiro adicáronse a tocar melodías que reinterpretaban á súa maneira. Foron momentos de crecemento con concertos en Alemaña (onde chegaron a tocar 18 concertos en 24 horas), Estados Unidos, Francia (onde a discográfica Buda Musique interesouse por eles) etc.
No 2000 a formación tivo problemas internos pola que estivo un tempo sen tocar. Porén no ano 2001, durante a gala de clausura da Berlinale, o director Andreas Dresen pediulles usar a súa música para a súa próxima película, casualmente, uns meses antes xuntáranse para compoñer temas dunha película imaxinaria. Separados en cinco cuartos, simultaneamente improvisaron e compuxeron música para acompañar as escenas de 'dous irmáns que conducen rúa abaixo mentres escoitan a radio e chove'. Así é como chegou a súa primeira canción propia, "Mad Bad Cat", que pode escoitarse nos títulos de crédito de Halbe Treppe.
En 2002, tras unha serie de concertos en Alemaña, Austria e Francia, inspíranse neste último país para compoñer cinco novos temas: "Sirba", "Marlène", "Frau Von Ungefähr", "Was Bleibt", "Dansons La Valse".
2003 é un ano de colaboracións. Traballaron con 'Les Hurlements D'Leo', de onde naceu 'Hardcore Trobadors'. Tamén colaboraron no proxecto 'Sexy Ambient Hippies', da súa serie '17 Hippies play...' con varios amigos e invitados. Neste proxecto a batería e os sons electrónicos xogan un estraño papel. Este suave xiro desde a música improvisada a unha forma máis traballada deu como resultado o tema "Ifni", que sairía no seu seguinte álbum.
A súa estancia na cidade marroquí de Sidi Ifni no 2004 lles influíu con esa mestura de linguas, lendas e historias. De aí naceron pezas como Valser nel Bosco.
En xullo do 2008, visitaron Galicia para tocar no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
* | Rock’n’Roll 13 | (1997) |
* | Texas Radio | (1998) |
* | Wer Ist Das? | (1999) |
* | Sirba | (2002) |
* | Banda sonora orixinal da película Halbe Treppe | (2002) |
* | 17 Hippies Play Sexy Ambient Hippies | (2003) |
* | Ifni | (2004) |
* | 17 Hippies Play Guitar | (2006) |
* | Live In Berlin | (2006) |
* | Heimlich | (2007) |
* | El Dorado | (2009) |
* | Live In Berlin | (2005) |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 17 Hippies |