AIS Airlines | ||
---|---|---|
IATA IS | OACI PNX | Indicativo SPINNER |
Fundación | 2009 | |
Frota | 8 | |
Destinos | 6 | |
Páxina web: https://www.aisairlines.com/ |
AIS Airlines é unha aeroliña neerlandesa de voos chárter, regulares e de alugamento de avións con sede no aeroporto de Lelystad nos Países Baixos.[1] A compañía opera unicamente avións Jetstream 32.
A compañía tamén é propietaria da escola de voo AIS Flight Academy, que existe dende antes da fundación da aeroliña. A escola opera oito Socata TB-9, tres Socata TB-10, unha Socata TB-20 e unha Cessna T303. Tamén opera o único simulador de Jetstream 32 certificado do mundo. Na entrada do aeroporto de Lelystad pode verse a parte da cabina de mando dun Fokker 70 pintado coas cores da aeroliña, aínda que AIS nunca operou este modelo. Aínda que Lelystad é a súa base principal a compañía non opera ningún voo dende ese aeroporto.
A aeroliña iniciou unha rápida expansión de rutas regulares principalmente dentro de Alemaña no ano 2014, facéndose con voos operados pola defunta OLT Express Germany. Cara xaneiro de 2015 AIS Airlines fíxose co control dalgunhas rutas domésticas en Suecia operadas anteriormente para Direktflyg.[2]
En setembro de 2017 a frota de AIS Airlines estaba formada polos seguintes aparellos:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
F | J | Y | Total | ||||
Jetstream 32 | 8 | 0 | 0 | 0 | 19 | 19 | |
Total | 10 | 0 |