Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1885 Særslev, Dinamarca (en) |
Morte | 16 de abril de 1952 (66 anos) Copenhague, Dinamarca |
Residencia | Særslev (en) |
Educación | Universidade de Copenhague |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista, pintor, poeta |
Nacionalidade deportiva | Dinamarca |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1920 | Xogos Olímpicos de 1920 |
Familia | |
Pai | Klaus Berntsen |
Irmáns | Oluf Berntsen Anny Christiane Millior Berntsen |
Aage Berntsen, nado en Særslev o 16 de maio de 1885 e finado en Copenhague o 16 de abril de 1952, foi un médico, pintor, poeta[1] e tirador de esgrima danés.
Aage Berntsen era o fillo do político Klaus Berntsen, que anos despois sería primeiro ministro. Aage realizou o bacharalato na Borgerdydskolen en Copenhague, e tras graduarse en 1903 pasou á Universidade de Copenhaguen para estudar medicina ata a súa licenciatura en 1911. Foi o xefe do servizo de ambulancias danesas en París entre 1918 e 1919, foi axudante de cirurxía no Rigshopitalet de Copenhague (1921-1923) e foi Korps-læge (equivalente a tenente) do corpo médico do exército en 1922. En 1925 leu a súa tese de doutoramento sobre as varices nas pernas, titulada en danés Om Varicer paa Underextremiteterne. A partir de 1927 especializouse en cirurxía, ortopedia e flebectasia. Publicou tamén os manuais médicos Lærebog i Ortopædi e Ortopædisk Operationslære en 1934 e 1948 respectivamente.[1]
Como escritor publicou a súa primeira colección de poemas en 1908 co título de Digte, seguido en 1910 por Fiol og Sækkepibe e Klinten og Hveden en 1914. Pero o seu poema máis coñecido é Fynsk Foraar que forma parte de Den milde Dag er lys og lang[2] obra coa que Aage gañou unha competición en 1917 organizada pola Dansk Korforening (Sociedade Coral Danesa) para unha obra relacionada coa historia ou a cultura danesa que había ser musicada polo compositor Carl Nielsen e que tivo a súa estrea en 1922. En 1923 publicou Ungkarlens Visebog e en 1929 Den kostelige Gave i 1929.[3] Entre os premios que recibiu están o Holger Drachmann-legatet en 1941 e a Aarestrup-medaljen en 1950.[4]
Como pintor expuxo na Exhibición de Arte de Autono de Copenhaguen en 1941.[1]
Destacado tirador de esgrima, Bernsten pertencía ao Akademisk Fægteklub e participou nos Xogos Olímpicos de 1920 nas tres armas individuais, e tamén en sabre e espada na competición por equipos, mais non obtivo medalla.[5]