Aeroporto de Jeju 제주국제공항
Jeju Gukje Gonghang | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Korea Airports Corporation | ||
Cidade/Illa | Illa Jeju | ||
Localización | Cidade de Jeju | ||
Elevación (msnm) | 36 metros / 118 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
07/25 | 3 180 | 10 433 | asfalto |
13/31 | 1 910 | 6 266 | asfalto |
Estatísticas (2017) |
O aeroporto internacional de Jeju (IATA: CJU, OACI: RKPC) é o segundo aeroporto máis grande de Corea do Sur, por detrás do aeroporto de Incheon. Está situado na cidade de Jeju e foi inaugurado no ano 1968.
O aeroporto de Jeju opera principalmente voos domésticos, pero tamén algunhas rutas internacionais cara China, Hong Kong, Xapón, Taiwán, Tailandia e Malaisia. No ano 2017 un total de 29 604 363 pasaxeiros utilizaron o aeroporto.
Debido á gran cantidade de pasaxeiros que usan o aeroporto e á súa limitada capacidade anunciouse que se construiría un segundo aeroporto na illa, preto da cidade deSeogwipo, no sur da mesma. O investimento para o novo aeródromo será duns 3 800 millóns de dólares e agárdase que estea aberto ao público no ano 2025.[1]