![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1986 ![]() Madrid, España ![]() |
Altura | 1,67 m ![]() |
Cor dos ollos | Azul ![]() |
Cor do pelo | Louro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, modelo, actriz de cinema ![]() |
Período de actividade | 2006 ![]() |
Sitio web | amaiasalamanca.es ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Amaia Salamanca Urízar, nada en Madrid o 28 de marzo de 1986, é unha actriz española famosa por series de televisión como SMS ou Sin tetas no hay paraíso.
Amaia Salamanca naceu en Madrid o día 28 de marzo de 1986. Por parte materna é de familia vasca. Inicialmente non pensaba dedicarse á interpretación, pero no primeiro casting no que participou, para a serie de televisión SMS, conseguiu xa o seu primeiro traballo como actriz. En SMS traballaría con outras novas promesas do cine e a televisión como: Yon González, Aroa Gimeno, Mario Casas e María Castro (actriz coa que comparte repartición en Sin tetas no hay paraíso).
Á parte do seu labor como actriz, Amaia traballa como modelo para sesións fotográficas, videoclips e espectáculos.
Antes de facer o seu primeiro papel nunha serie de televisión, Amaia xa traballara en campañas publicitarias para grandes empresas como Telecable e Movistar, participado no videoclip Ansiedad, de Antonio Romeu e no de Pignoise, Sigo llorando por ti, traballado como modelo de Marco Aldany en tres exposicións e ademais foi imaxe da firma Blue Image.
Ao terminarse SMS, Amaia seguiu traballando no mundo da televisión e sacou un disco chamado Que queres que che diga, con Raúl Pena e María Castro, todos membros de SMS. Tivo varias secuencias na popular serie Los hombres de Paco de Antena 3 aínda que non conseguiu verdadeiramente chegar á fama ata que chegou a súa participación como protagonista da serie de Telecinco Sin tetas no hay paraíso. Actualmente estase emitindo a terceira tempada na noite dominical, a última na que aparecerá Amaia. Tamén traballou na campaña de Tampax en 2008 e en 2009 na campaña da marca de calzados Mustang.
En abril de 2009, estreouse no cine como protagonista coa comedia Fuga de cerebros. A película, na súa primeira semana liderou o despacho de billetes cun grande éxito e é a película máis taquillera do 2009 (a 6 de setembro de 2009), con case 7 millóns de euros en recadación e 1,2 millóns de espectadores. O 5 de novembro de 2009 estreouse no teatro coa obra "La Marquesa de la O" compartindo escenario con Josep Linuesa, Juan José Otegui e Tina Saiz. Representáronse nove funcións entre Alacant, Zaragoza e Huesca para despois representala no teatro de Belas Artes de Madrid ata o 10 de xaneiro para emprender unha xira por toda España.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amaia Salamanca ![]() |