Amar en tiempos revueltos é unha telenovela ambientada na época da guerra civil española e nos primeiros anos do franquismo. Está inspirada pola serie de TV3 Temps de Silenci, producida tamén por Diagonal TV. Empezou a emitirse en La 1 diariamente desde o 27 de setembro de 2005 e durante sete anos permaneceu en emisión ata o 16 de novembro de 2012.
A primeira tempada ambientábase nos sucesos que ocorreron entre os anos 1936 e 1945. A segunda tempada comprende o período de 1945 a 1948. A terceira comeza no verán de 1948, a cuarta transcorre a partir de 1950 e a quinta tempada comeza o 1 de abril de 1952. A sexta tempada ten lugar durante os anos 1954 e 1955 e a sétima tempada comeza en xullo de 1956 e esténdese ata o ano 1957.
En 2012, a produtora Diagonal TV rompeu o acordo que mantiña con Televisión Española.[1] Este feito provocou que a serie orixinal finalizase en TVE e que se crease un spin off titulado Amar es para siempre, que iniciou a súa emisión o 14 de xaneiro de 2013 na cadea privada Antena 3.[2]
- Primeira Tempada (1936-1945):
- Segunda Tempada (1945-1948):
- Terceira Tempada (1948-1950):
- Cuarta Tempada (1950-1952):
- Quinta Tempada (1952-1953):
- Sexta Tempada (1954-1955):
- Sétima Tempada (1956-1957):
Tempada
|
Capítulos
|
Época
|
Estrea
|
Final
|
Audiencia media
|
Espectadores |
Share
|
|
1
|
199
|
1936 - 1945
|
27 de setembro de 2005
|
26 de xuño de 2006
|
2 108 000
|
21,1%
|
|
2
|
221
|
1945 - 1948
|
11 de setembro de 2006
|
20 de xullo de 2007
|
2 100 000
|
18,8%
|
|
3
|
258
|
1948 - 1950
|
29 de agosto de 2007
|
3 de setembro de 2008
|
2 331 000
|
20,5%
|
|
4
|
255
|
1950 - 1952
|
4 de setembro de 2008
|
27 de agosto de 2009
|
2 669 000
|
23,0%
|
|
5
|
256
|
1952 - 1953
|
28 de agosto de 2009
|
3 de setembro de 2010
|
2 844 000
|
23,1%
|
|
6
|
261
|
1955 - 1956
|
6 de setembro de 2010
|
2 de setembro de 2011
|
2 759 000
|
21,7%
|
|
7
|
256
|
1956 - 1957
|
5 de setembro de 2011
|
15 de novembro de 2012
|
2 746 000
|
21,3%
|
Total
|
1.706
|
1936 - 1957
|
2005
|
2012
|
2 522 000
|
21,4%
|
- Programa líder na súa franxa horaria.
- Máximo histórico de audiencia.
- Premios TP de Oro:
- 2005, 2006 e 2007
- Candidatura á Mellor Telenovela
- 2008, 2009, 2010 e 2011
- Premios da Unión de Actores:
- 2005
- Candidatura á Mellor actriz secundaria: Pilar Barrera
- Candidatura á Mellor actor secundario: Hector Colomé
- 2006
- Candidatura á Mellor actriz protagonista: Ana Otero
- 2007
- Candidatura á Mellor actriz secundaria: Marta Calvó
- Mellor actriz secundaria: Ana Villa
- Mellor actor secundario: José Luis Alcobendas
- Candidatura ó Mellor actor secundario: Satur Barrios
- 2008
- Mellor actriz secundaria: Ana Labordeta
- Candidatura á Mellor actriz secundaria: Marina San José
- Candidatura ó Mellor actor secundario: Ángel Pardo
- Candidatura á Mellor actriz secundaria: Saturna Barrio
- 2009
- Candidatura ó Mellor actor secundario: Javier Collado
- Candidatura á Mellor actriz secundaria: Pepa Pedroche
- Premios da Academia de Televisión:
- 2006
- Candidatura ó Mellor Programa de Ficción
- Candidatura ó Mellor Maquillaxe e Caracterización para Paloma Buendía
- Candidatura ó Mellor Guión para Macu Tejera, Virginia Yagüe, Antonio Prieto, Sergio Barrejón, Mercedes Cruz, Nacho Faerna e Julia Altares
- 2007
- Mellor Maquillaxe e Caracterización para Paloma Buendía
- Mellor Dirección de Arte e Escenografía para Marcaelo Pacheco e Virginia Flores
- 2008
- Candidatura ó Mellor Guión para Macu Tejera, Virginia Yagüe, Antonio Prieto, Sergio Barrejón, Mercedes Cruz, Nacho Faerna e Julia Altares
- Mellor Música para Televisión para Pedro Martínez López
- Premio Turia 2005: Mellor serie nacional
- Premio Ondas 2008: Mellor serie nacional
- Festival de Nueva York 2007: Medalla de Prata na categoría de drama.
- 48 edición dos Premios de Montecarlo 2008: Finalista na categoría de drama. As candidaturas incluíron ós protagonistas da serie -actores nomeados (Carlos García, Antonio Valero, Nacho López, Manu Baqueiro) e Actrices nomeadas (Sara Casasnovas, Marta Calvo, Ana Villa, Itziar Miranda)- e á produción (Jaume Banacolocha e Joan Bas).
- Aguia de Ouro no XX Festival Internacional de Curtametraxes de Aguilar de Campóo 2008, pola acertada recreación dunha época decisiva na historia recente de España, así como a oportunidade que ofreceu a moitos rapaces intérpretes que puideron inicia-la súa traxectoria nesta serie.
- Premio do Xurado Pyrénées D'Or á "Mellor película estranxeira" polo dobre capítulo "Flores para Belle" no XI Festival International de Films de Television e Internet de Luchon 2009
- Premio Lesgai de TV para Marina San José e Carlota Olcina no Festival Internacional de cine lésbico e gai de Madrid 2010.