Andecha Astur | |
---|---|
Mocidades | Darréu (ata decembro de 2014)[1] |
Filiación internacional | Agora Repúblicas |
Historia | |
Fundación | 1990 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo asturiano, socialismo e republicanismo |
Outros datos | |
Sede | Xixón |
Na rede | |
www | |
Andecha Astur (AA) é un partido político nacionalista asturiano de esquerdas. O secretario xeral do partido foi Arturu Xosé Bermeyu dende a súa formación ata o 2007. O secretario actual é Daniel Cueli.
Fundado en 1990, aínda que até agora non ten acadada representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias en ningunha lexislatura das 3 ás que se presentaron. Nas eleccións municipais de 2003 tiveron 4.250 votos (0,7%) e conseguiron dous concelleiros, un en Riosa e outro en Carreño. Nas autonómicas tiveron 3.821 votos (0,63%).
En 2004 presentouse ás eleccións ó Parlamento Europeo dentro da coalición Europa dos Pobos e tivo 1.677 votos (0,38%). Nas eleccións xerais de 2004 conseguiu 1.970 votos (0,28%). En 2007 presentouse ás eleccións municipais e autonómicas, onde obtén 2.100 e 2.727 votos, respectivamente e ningún concelleiro nin deputado.
Andecha Astur presentouse de novo coa coalición Europa dos Pobos nes eleccións europeas de 2014, xunto a Esquerra Republicana de Catalunya, Puyalón e BNG. En maio de 2015 AA tivo unha rifa con Adriana Lastra, quen dixo que este partido era un "partido nacionalista de extrema esquerda" nun programa de La Sexta pola noite. Andecha respondeu acusándoa de "criminalizar" a Andecha e de ser "unha forma secundaria de Podemos".[2] O 24 de maio de 2015, Andecha denunciou a retirada das súas papeletas nos colexios electorais mentres se producían as eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2015.[3]
Andecha non se presentou nas eleccións xerais de España de 2015 e 2016 mais volveu presentarse nas de abril de 2019 e nas de novembro de 2019. Tamén se presentou ás eleccións autonómicas d'Asturies de 2019, mellorando os seus resultados aínda que sen acadar representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias. Tamén se presentaron ás eleccións europeas de 2019, dentro da coalición soberanista Agora Repúblicas, e o seu candidato foi Paulo Arboleya.[4] A coalición obtivo tres eurodeputados, mais ningún de Andecha Astur.
Durante as eleccións xerais de España de abril de 2019, un apoderado de Andecha increpou un policía por ter unha arma nun colexio electoral de Oviedo. O apoderado foi o candidato desta formación ao Senado, Arturu Xosé Bermeyu. Foi denunciado pola Confederación Española de la Policía (CEP).[5][6]
O 19 de outubro de 2019, nun mitin de Vox, o voceiro parlamentario deste partido na Xunta Xeral do Principado de Asturias, Ignacio Blanco, pediu a ilegalización de Andecha porque "Andecha di que Asturias é unha nación e que o asturiano é a lingua nacional".[7] Logo de presentarse en ocasións anteriores sen conseguir representación, nas eleccións xerais de España de 2023 non se presentaron.[8]
Andecha Astur é unha organización política nacionalista de esquerdas. Entre as súas bases ideolóxicas atópanse:
Andecha Astur non recoñece que no occidente de Asturias se fale galego e periodicamente denuncia agresións da TVG, do goberno galego e do Bloque Nacionalista Galego nunha suposta política de imposición do galego sobre unha fala que eles consideran que pertence en exclusiva á cultura asturiana,[9] baixo o lema Asturies: un pueblu, una llingua.
Ano | Votos | % | Deputados | +/- |
---|---|---|---|---|
1991 | 1.137 | 0,21 | 0 / 45 |
Novo |
1995 | 1.948 | 0,30 | 0 / 45 |
= |
1999 | 2.206 | 0,36 | 0 / 45 |
= |
2003 | 3.821 | 0,63 | 0 / 45 |
= |
2007 | 2.770 | 0,47 | 0 / 45 |
= |
2011 | Dentro de Conceyu Abiertu | 0 / 45 |
= | |
2012 | 674 | 0,14 | 0 / 45 |
= |
2015 | 990 | 0,19 | 0 / 45 |
= |
2019 | 1.584 | 0,30 | 0 / 45 |
= |
2023 | 1.196 | 0,23 | 0 / 45 |
= |
Ano | Congreso dos Deputados | Senado | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Votos | % | Deputados | Votos a candidatos | Senadores | |||
1º | 2º | 3º | |||||
1993 | 787 | 0,11 | 0 / 9 |
1.345 | 899 | 824 | 0 / 4 |
2000 | 2.036 | 0,31 | 0 / 9 |
3.549 | 2.397 | 1.877 | 0 / 4 |
2004 | 1.970 | 0,28 | 0 / 8 |
3.059 | 2.404 | 2.202 | 0 / 4 |
2008 | 1.299 | 0,19 | 0 / 8 |
2.085 | 1.514 | 1.365 | 0 / 4 |
2011 | 1.087 | 0,17 | 0 / 8 |
2.104 | 1.454 | 1.182 | 0 / 4 |
2019 (I) | 932 | 0,15 | 0 / 7 |
2.550 | 1.739 | 1.311 | 0 / 4 |
2019 (II) | 887 | 0,16 | 0 / 7 |
2.262 | 1.239 | 1.017 | 0 / 4 |
Ano | Candidatura | España | Asturias | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Votos | % | Deputados | Votos | % | ||
1999 | Propia | 7.321 | 0,03 | 0 / 64 |
1.467 | 0,24 |
2004 | Europa dos Pobos | 380.709 | 2,45 | 1 / 54 |
1.677 | 0,38 |
2009 | Propia | 2.255 | 0,01 | 0 / 54 |
806 | 0,19 |
2014 | Os Pobos Deciden | 326.464 | 2,08 | 1 / 54 |
1.392 | 0,37 |
2019 | Agora Repúblicas | 1.252.139 | 5,58 | 3 / 54 |
1.902 | 0,36 |
Ano | Votos | % | Rexedores |
---|---|---|---|
1991 | 291 | 0,05 | 0 / 1.006 |
1995 | 1.630 | 0,25 | 1 / 994 |
1999 | 2.647 | 0,43 | 1 / 974 |
2003 | 4.250 | 0,70 | 2 / 958 |
2007 | 2.100 | 0,36 | 0 / 948 |
2011 | 1.397 | 0,23 | 1 / 946 |
2015 | 400 | 0,07 | 2 / 942 |
2019 | 597 | 1 / 928 |