Nome orixinal | Antoine-Louis Delzescauts-Dugès [1] |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de decembro de 1797 Charleville-Mézières, Francia |
Morte | 1 de maio de 1838 (40 anos) Montpellier, Francia |
Decano | |
1836 – | |
Datos persoais | |
Residencia | Francia |
Formación profesional | Doutor en Medicina |
Educación | Antiga Universidade de París (1200-1215) |
Actividade | |
Ocupación | médico, obstetra, naturalista, zoólogo |
Empregador | Universidade de Montpellier |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Alfredo Dugès e Eugenio Dugès |
Pai | Pierre Augustin Delzescauts-Dugès |
Parentes | Marie Jonet, avoa Marie-Louise Lachapelle, tía |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Antoine Louis Dugès nado en Charleville-Mézières (Ardenas) o 19 de decembro de 1797, e finado en Montpellier o 1 de maio de 1838,[2] foi un médico especializado en obstetricia, naturalista e zoólogo francés.
Antoine Dugès era fillo[3] e neto de médicos,[4][5] e sobriño de Marie-Louise Lachapelle, de solteira Dugès, comadroa, e neto de Marie Jonet (Mme. Dugès), tamén comadroa.[6]
Aos 16 anos marchou a París para estudar medicina na Facultade de Medicina da Antiga Universidade de París. Desde o primeiro ano recibiu un dos premios da Facultade de Medicina. Despois gañou regularmente os distintos concursos organizados para estudantes. En 1817 foi alumno interno, e pasou a ser anatomista axudante en 1819, e efectivo en 1820. Acadou o título de doutor en 1821 defendeu a tese Recherches sur les maladies les plus importantes et les moins connues des enfants nouveau-nés (Investigacións sobre as enfermidades máis importantes e menos coñecidas dos nenos recentemente nacidos).
En 1823 publicou un Essai physiologico-pathologique sur la nature de la fièvre, de l'inflammation et des principales névroses... suivi de l'Histoire des maladies observées à l'hôpital des Enfants malades pendant l'année 1818 (Ensaio fisiopatolóxico sobre a natureza da febre, a inflamación e as principais neuroses... seguido da Historia das enfermidades observadas no hospital de nenos enfermos durante o ano 1818), no que trataba de reconciliar as distintas teorías contraditorias entón en vigor.
En 1825 foi recibido no concurso para profesor agregado, instituído o ano anterior. Acadou a cátedra obstetricia na Facultade de Medicina da Universidade de Montpellier, entón en plena reorganización. En 1826 publicou un Manual de Obstetricia que tivo varias reedicións.
En 1838 e 1839 publicou o Traité de physiologie comparée de l'homme et des animaux (Tratado de fisioloxía comparada do home e dos animais), en dous tomos.
Antoine Dugès destacou tamén no campo da historia natural. Especialmente estudou os batracios (Recherches sur l'ostéologie et la myologie des batraciens à leurs différents âges, París, 1834) e os ácaros (Recherches sur l'ordre des Acariens en général et la famille des Trombidées en particulier).
Foi o autor de varias obras orixinais, entre elas Sur la conformité organique dans l'échelle animale, 1832 (Sobre a conformidade orgánica na escala animal), e Recherches sur les Batraciens, 1834 (Investigacións sobre os Batracios), obra salientada polo Instituto de Francia.[7]
Foi o pai de dous zoólogos, residentes ambos os dous en México: Alfredo Dugès (1826–1910) e Eugenio Dugès (1835–1895).
Foi membro de numerosas sociedades científicas, como a Academia de Medicina e a Academia de Ciencias de París, e a Academia de Ciencias de Berlín.
Tamén foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honor e da Orde do Mérito.
Dugès é o autor da teoría colonial dos organismos, na que tratou de reconciliar as ideas enfrontadas de Georges Cuvier e Étienne Geoffroy Saint-Hilaire. Segundo Dugès, todos os grupos de animais poden comprenderse, en relacións dos uns cos outros, grazas a catro "leis primitivas":
A partir destas catro leis, Dugès infire unha clasificación dos animais en sete grandes divisións.
Antoine Louis Dugès conmemórase co nome científico dunha especie de lagarto, Lacerta dugesii,[8] hoxe reclasificada como Teira dugesii.[9]
O xénero de planarias de auga doce Dugesia leva o seu nome.
A abreviatura Dugès emprégase para recoñecer a Antoine Louis Dugès como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Antoine Louis Dugès |