Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1909 Pamplona, España |
Morte | 24 de outubro de 1987 (78 anos) Bilbao, España |
Bispo de Bilbao | |
3 de decembro de 1971 – 25 de setembro de 1978 ← Pablo Gúrpide Beope (pt) – Luis María de Larrea y Legarreta → Diocese: diocese de Bilbao | |
Bishop of Cadiz y Ceuta (en) | |
2 de abril de 1964 – 3 de decembro de 1971 ← Tomás Gutiérrez Díez (en) – Antonio Dorado Soto (pt) → Diocese: Diocese de Cádis e Ceuta (pt) | |
Bispo titular | |
25 de agosto de 1952 – 2 de abril de 1964 ← Teodor Bensch (en) – James Louis Flaherty (pt) → Diocese: Diocese of Tabuda (en) | |
Bispo auxiliar | |
25 de agosto de 1952 – 2 de abril de 1964 Diocese: diocese de Málaga | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1952–), sacerdote católico (1933–) |
Consagración | Ángel Herrera Oria |
Antonio Añoveros Ataún, nado en Pamplona o 13 de xuño de 1909 e finado o 24 de outubro de 1987, foi un eclesiástico católico latino navarro, bispo de Bilbao entre 1971 e 1978.
Naceu en Pamplona o 13 de xuño de 1909, terceiro fillo de Julio e Claudia.[1][2][3][4][5] Estudou no colexio dos maristas da súa cidade natal, posteriormente Dereito civil na Universidade de Zaragoza, e finalmente entrou no seminario de Pamplona.[2][5] Foi ordenado sacerdote o 25 de xullo de 1933.[1][4] Comezou a exercer o seu ministerio na parroquia de San Nicolao, e posteriormente foi párroco en Tafalla.[5] Durante a guerra civil española foi capelán militar.[5]
En 1952 trasladouse a Málaga, onde foi nomeado reitor do seminario e vigairo xeral.[5] O 25 de agosto de 1952 foi nomeado bispo auxiliar de Málaga e bispo titular de Tabuda.[1][2][4] Recibiu a ordenación episcopal de mans do bispo de Málaga Ángel Herrera Oria o 12 de outubro.[4]
O 27 de outubro de 1954 foi nomeado bispo coadxutor de Cádiz e Ceuta,[2][6] e o 2 de abril de 1964 sucedeu a Tomás Gutiérrez Díez á fronte de dita diocese.[3][4] Como bispo de Cádiz publicou en 1967 unha pastoral sobre os problemas do campo andaluz, que tivo moito impacto;[3][5] tamén foi quen aprobou a Irmandade Sacramental da Misericordia de San Fernando.[7]
O 3 de decembro de 1971 foi nomeado bispo de Bilbao.[2][4] No seu exercicio como bispo, o 24 de febreiro de 1974 proclamou a homilía El cristianismo, mensaje de salvación para los pueblos, que foi lida na maioría das igrexas da diocese, e que dicía:[2][8]
O pobo vasco ten unhas características propias de tipo cultural e espiritual [...] Eses trazos peculiares dan ao pobo vasco unha personalidade específica, dentro do conxunto de pobos que constitúen o estado español actual.
O pobo vasco [...] ten o dereito de conservar a súa propia identidade [...] dentro dunha organización socio-política que recoñeza a súa xusta liberdade.
Porén, nas actuais circunstancias, o pobo vasco tropeza con serios obstáculos para poder desfrutar deste dereito [...]
O réxime franquista reaccionou ordenando o seu arresto domiciliario, e posteriormente Carlos Arias Navarro ordenou a súa expulsión do país.[2][5] Porén, o episcopado acordou aplicar a excomuñón a aqueles que procedesen contra a "autoridade eclesiástica", chegando o cardeal Tarancón a redactar o documento.[5][9] A pesar de que varios sectores do goberno querían seguir adiante, finalmente Franco decidiu evitar o conflito coa Igrexa, e Añoveros non foi expulsado.[2][9][3]
Renunciou por problemas de saúde o 25 de setembro de 1978 (sufría de Parkinson e de arteriosclerose) e se retirou a unha residencia.[2][5] Finou o 24 de outubro de 1987 en Bilbao, na clínica Virgen Blanca, onde estaba ingresado por problemas respiratorios graves.[2][3][5] Está enterrado na catedral de Santiago de Bilbao.
S.E.R. Mons. ANTONIO Añoveros Ataún, n. in Pamplona, 13 giu. 1909; ord. 25 lu. 1933; el. alla Ch. tit. di Tabuda 25 ag. 1952; cons. 12 ott. 1952; succ. per coad. a Cádiz y Ceuta 2 apr. 1964; tr. 3 dic. 1971
En la parte trasera el escudo de armas del Excmo. Sr. Obispo de la Diócesis de Cádiz–Ceuta don Antonio Añoveros Ataún, prelado que aprobó la Hermandad
El pueblo vasco tiene unas características propias de tipo cultural y espiritual [...] Esos rasgos peculiares dan al pueblo vasco una personalidad específica, dentro del conjunto de pueblos que constituyen el estado español actual [...] El pueblo vasco [...] tienen el derecho de conservar su propia identidad [...] dentro de una organización socio-política que reconozca su justa libertad [...]Sin embargo, en las actuales circunstancias, el pueblo vasco tropieza con serios obstáculos para poder disfrutar de este derecho [...]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Tomás Gutiérrez Díez |
Bispo de Cádiz e Ceuta 1964 - 1971 |
Sucesor: Antonio Dorado Soto |
Predecesor: Pablo Gúrpide Beope |
Bispo de Bilbao 1971 - 1978 |
Sucesor: Luis María de Larrea |