Antonio María Esquivel

Modelo:BiografíaAntonio María Esquivel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1806 Editar o valor en Wikidata
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 1857 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor en Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónReal Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría
Real Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor en Wikidata
AlumnosJosé Domínguez Bécquer (pt) Traducir, Carlos María Esquivel (pt) Traducir, Gabriel Maureta Aracil (pt) Traducir, Marcos Hiráldez Acosta (pt) Traducir e Ángel Alonso Martínez (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCarlos María Esquivel, Vicente Esquivel Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1517179

Antonio María Esquivel, nado en Sevilla o 8 de marzo de 1806 e finado en Madrid o 9 de abril de 1857, foi un pintor español.

Xosé e a muller de Putifar, 1854.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun oficial de cabalería finado na Batalla de Bailén cando Antonio María tiña dous anos. En 1823 participou na defensa de Cádiz fronte aos Cen Mil Fillos de San Luís.

Estudou na Escola de Debuxo de Sevilla. En 1831, xa casado, trasladouse a Madrid, onde foi nomeado académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Durante unha longa enfermidade perdeu temporalmente a visión debido a unha afección herpética, o que o levou a unha depresión (tentou botarse ao río en dúas ocasións) da que logrou saír grazas á intervención de Xenaro Pérez Villamil. Este abriu unha subscrición no Liceo Artístico e Literario de Madrid para lograr os fondos cos que custear un tratamento cun médico francés, cousa que conseguiu coa colaboración dos principais artistas españois do momento. Trala súa recuperación, en agradecemento á Sociedade, entregoulle o seu cadro A caída de Luzbel, e lembrando a moitos daqueles que colaboraron pintou o seu célebre "Os Poetas" (1846), onde os retratou. Hai que lembrar que un dos pintores que colaboraron á rifa entregando unha das súas obras foi o compostelán Ramón Antonio Gil Rey, membro coma el da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Entre as súas obras están, de tema relixioso Adán e Eva, A casta Susana, O anxo das ánimas, A virxe de Belén, Xesús no horto e O milagre do resucitado en Rami; de tema histórico A campá de Huesca; de tema mitolóxico O nacemento de Venus; e os retratos Isabel II e a infanta Luisa Fernanda, Julián Romea, O neno Manuel Flores Calderón e Dona María Cristina.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]