Antonio Román

Modelo:BiografíaAntonio Román

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xuño de 1989 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, crítico de cinema, guionista, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm0739794 Allocine: 66760 Allmovie: p118497 BNE: XX1137524 Editar o valor en Wikidata

Antonio Aurelio del Sacramento Fernández-Román García de Quevedo, coñecido artisticamente como Antonio Román, Anthony Roman ou Tony Román, nado en Ourense o 9 de novembro de 1911 e finado en Madrid o 16 de xuño de 1989, foi un director e guionista de cine e farmacéutico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertence ao grupo de directores renovadores do cine español de posguerra, xunto con José Luis Sáenz de Heredia e Rafael Gil.

Ía ser farmacéutico, pero xa de novo converteuse en crítico de cine, comezando a publicar na prensa española. Comezou a dirixir pequenos documentais moi novo, con 18 anos. A súa primeira longametraxe La escuadrilla, é de 1941, realizada xunto a Sáenz de Heredia. Ese ano participou no guión de Raza, ideada polo propio dictador Francisco Franco e dirixida por Sáenz de Heredia. Dado o marcado carácter propagandístico das súas obras, despois da Guerra Civil “sus películas obtuvieron subvenciones, ayudas y premios nacionales, razón por la cual quizás no se haya valorado suficientemente su trabajo desde el punto de vista técnico.”[1]

En 1943 realizou proxectos máis arriscados e persoais, Intriga e La casa de la lluvia, pero tralo fracaso comercial e o escepticismo crítico con que foron acollidas, retomou proxectos máis comerciais. Posteriormente converteuse nun dos xefes da Cooperativa Cinematográfica Castilla.

Nas décadas de 1960 e 1970 seguiu escribindo críticas. En 1970 foi despedido mentres rodaba Ringo del Nebraska cando aínda non levaba nin o 10 % da rodaxe, pois ao produtor non lle gustaba o seu xeito de traballar lento e meticuloso. Foi substituído polo seu amigo e protexido Mario Bava, quen por respecto a Román, negouse a aparecer nos títulos de crédito.

Estaba casado con Yvonne Bastién.

En 1999 publicouse o libro de Pepe Coira Antonio Román. Director de cine, ampliado e traducido ao castelán co título Antonio Román, un cineasta de posguerra, que acadou o premio ao mellor libro universitario español do 2004.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Placa na casa onde viviu Antonio Román, no xardín do Bispo Cesáreo (Ourense).
  1. "Antonio Román". España es cultura. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2022. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]